Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (104/1997).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data do 4 de xuño adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente, por instancia de Soledad Garnelo Yebra, en representación de ALT Urbanistas, S.L., o proxecto de urbanización das zonas 5 e 6 do SU-22 do PXOU de Ourense, logo de constitución de garantía polo importe dun millón trescentas oitenta e nove mil duascentas trinta e sete pesetas (1.389.237 ptas.) para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente á exposición pública polo prazo dun mes que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste

anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 12 de xuño de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

6300