Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.110

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 1998, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores de pesca fluvial 97/053 da Coruña e 97/235 de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da notificación.

ANEXO I

Procedemento sancionador Lei 7/1992: 97/053 A Coruña.

Denunciado: Manuel Pazos Muíño.

Último enderezo coñecido: Randufe, 15111 Santa Comba.

Feitos imputados: pescar en época de veda estando inhabilitado por resolución firme do 5 de xullo de 1996.

Tipificación: artigo 35.17º da Lei 7/1992.

Sanción: 500.001 pesetas de multa e inhabilitación de tres anos para obte-la licencia de pesca e indemnización de 2.700 pesetas por danos e perdas.

Procedemento sancionador Lei 7/1992: 96/235 Pontevedra.

Denunciado: Antonio Lorenzo Vázquez.

Último enderezo coñecido Areal- Canudo nº 82. Redondela(Pontevedra).

Feitos imputados: pescar utilizando artes prohibidas.

Tipificación: 35.5º da Lei 7/1992.

Sanción: 500.001 pesetas e inhabilitación dun ano e un día para obte-la licencia de pesca.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente

Natural

6684