Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.109

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 25 de xuño de 1998, da Secretaria Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso ordinario interposto contra a resolución do delegado provincial de Lugo do 3 de marzo de 1997.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselle ó interesado, cos datos e último domicilio coñecido a resolución do recurso ordinario nº LU-97/0024, interposto contra resolución do delegado provincial de Lugo, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais do 3 de marzo de 1997, pola que se lle impón unha sanción de 50.000 ptas. pola comisión dunha infracción en materia de hora

rios de espectáculos e establecementos públicos, no establecemento Café Bar Especial Latino do Concello de Vilalba (Lugo) da que a parte dispositiva di:

Estima-lo recurso ordinario Nº LU- 0024/97 interposto por Manuel Ángel Rodríguez Fontao contra resolución do delegado provincial de Lugo, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais do 3 de marzo de 1997, pola que se lle impón unha sanción de 50.000 ptas. pola comisión dunha infracción en materia de horarios de peche de espectáculos e establecementos públicos, no establecemento Café Bar Especial Latino de Vilalba (Lugo), revogando a sanción imposta e arquivando o expediente sen máis trámite.

Contra a presente resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, lembrándolle que de conformidade co artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, deberá comunicarllo previamente ó órgano que o adoptou, e sen prexuízo de que o interesado poida presentar calquera outro recurso que estime conveniente.

E para que conste e sirva de notificación, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 25 de xuño de 1998.

Francisco Javier Rubio Delgado

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais

6310