Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.110

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1998 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación urxente, para a contratación dunha consultoría e asistencia consistente na estimación e análise das marxes comerciais e de transporte.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato de consultoría e asistencia, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Nº de expediente: 640.1/25.3

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: a análise e estimación das marxes comerciais e de transporte dos fluxos de productos, para a súa integración nos procesos de elaboración da contabilidade rexional de Galicia.

b) Prazo de execución: catro meses contados a partir da data da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4.Orzamento base de licitación: importe total 7.850.000 pesetas.

5. Garantía provisional: 157.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información: poderán retirala no negociado do rexistro do IGE, R/ Ramón Piñeiro, nº 27 Santiago de Compostela. CP 15702. Teléfono: 981 54 13 21, e fax: 981 54 13 23.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: as empresas licitadoras deberán acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica ou profesional, de conformidade co esixido no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas: presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 13 días contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, no rexistro do IGE en horario de 9 á 14 h, ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

9. Apertura das ofertas: o quinto día seguinte ó do remate de presentación de proposicións, ás 12 h e nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe do presente anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1998.

José A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística

6247