Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.105

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 189/1998).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28-11-1997), e decretos 2617 e 2619/1966, do 30 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24-10-1966), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e a aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 0,598 km con orixe na L.M.T. a C.T. Lesa (expediente 27396) e final no C.T. proxectado Figuei

ras-Lapela, cunha potencia de 50 kVA 15000/380-220 V tipo intemperie e unha rede de baixa tensión de 0,080 km de lonxitude con orixe no C.T. Figueiras-Lapela, con conductor tipo R.Z. e apoios de formigón. (Expediente 189/1998).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Figueiras (termo municipal de Coirós).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e recadar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª planta, edificio administrativo Monelos, praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña; así mesmo, poderán formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novem

bro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resulta-los titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que

se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 9 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 189/98. Provincia: A Coruña.

L.M.T., C.T. e R.B.T. Figueiras-Lapela.Termo municipal: Coirós.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1O ContadoPradoEstrella Carro SantamarinaLapela 11, 15316 San Xulián-Coirós17260

2O ContadoLabradíoMaría Rivera GarcíaFigueiras 54, 15316 San Xulián-Coirós14240

3O ContadoPradoHros. Pedro Mosquera González

Manuel Barallobre Mosquera

Casela-Coirós de Arriba 10, 15316 San Xulián-Coirós20332

4A PenelaPradoAntonio López ToméAvda. do Porto 39-1ºD, 15160 Sadaœ1132456

5A PenelaPradoJosé Antonio López BlancoFigueiras 54, 15316 San Xulián-Coirósœ1145720

6O SoutoPradoManuel Rodríguez OteroFigueiras 49, 15316 San Xulián-Coirós40664

7CotiñaPradoManuel Rodríguez OteroFigueiras 49, 15316 San Xulián-Coirós15248

8A MartaEucaliptalAgustina Carro RíoFigueiras 56, 15316 San Xulián-CoirósLat.8

9A MartaEucaliptalRafael Rivas FragaDescoñecido19252

10A MartaEucaliptalJosé Antonio Riveira OrjeiraFigueras 18, 15316 San Xulián-Coirós2240665

11A Pena GrandePiñeiral e eucaliptalJulio Cotos NovoVelouris-A Castellana 4, 15316 Vilarraso-Aranga48632

12A Pena GrandePiñeiral e eucaliptalEnrique Cotos NovoFigueiras 40, 15316

Vilarraso-Aranga

Lat.136

13A Pena GrandePradoJulio Cotos NovoVelouris-A Castellana 4, 15316 Vilarraso-ArangaLat.45

14A Pena GrandePradoEnrique Cotos NovoFigueiras 40, 15316 Vilarraso-Aranga38335

15A Pena GrandeMonte baixoEnrique Cotos NovoFigueiras 40, 15316 Vilarraso-Aranga10100

5958