Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.106

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/150-2, 4844 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Pacios e San Martiño Trabada.

Situación: Trabada.

Características técnicas: liñas de M.T. con orixe L.M.T. Vegadeo-A Pontenova a C.T. a 20 kV en conductor LA-56/54.6 mm, C.T. en Pacios 50 kVA relación 20.000/380-220 V, C.T. en San Martiño 50 kVA relación 20.000/380-220 V e C.T. en ría de Abres kVA relación 20.000/380-220 V. Liña B.T. en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 10 de xuño de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

6252