Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.104

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 183/1998).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28-11-1997), e decretos 2617 e 2619/1966, do 30 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24-10-1966), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e a aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 0,332 km con orixe na L.M.T. San Marcos-Sigrás-Sésamo e final no C.T. Valiñas-Sueiro, cunha potencia de 50 kVA 15000/380-220 V tipo intemperie e unha rede de baixa tensión de 0,535 km de lonxitude con orixe no C.T. Valiñas-Sueiro, con

conductor tipo R.Z. e apoios de formigón. (Expediente 183/1998).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Valiñás (termo municipal de Culleredo).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e solicitar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª planta, edificio administrativo Monelos, praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña; así mesmo, poderán formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resulta-los titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 9 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 183/98.Provincia: A Coruña.

L.M.T. a C.T. de Valiña.Termo municipal: Culleredo.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1As CrucesLabradíoMargarita Veira SenraCornedo-Sésamo 21, 15189 CulleredoLat.17

2Bouza BoaPradoMª del Carmen Rumbo CasalCornedo-Sésamo, s/n, 15189 Culleredo4203

3O CasalSoutoJosé de la Iglesia MantiñánMª Luisa Durán Marquina 20-8º, 15011 A Coruña121061437

4O CasalPradoFrancisco Rodríguez PeñaAs Encrobas 10, 15187 CercedaLat.100

5O CarballoPradoRarmiro Veira SenraCornedo-Sésamo 21, 15189 CulleredoLat.12

6O CarballoLabradíoJuan Castro PatiñoAs Naveiras-Sésamo, s/n, 15189 Culleredoœ2157970

7O CarballoMonte baixoEduardo Parceiro PérezCornedo-Sésamo, s/n, 15189 Culleredoœ2160460

8O CarballoMonte baixoManuel MéndezCornedo-Sésamo, s/n, 15189 CulleredoLat.18

9O CarballoPradoLucía Veira SenraCornedo-Sésamo 21 15189 Culleredo7158

10O CarballoPradoArgentina Varela

Pedreira

Monte Alto 23-2ºI, 15002 A Coruña3228231

11O CarballoMonte baixoEsther Iglesias CandalO Casal-Sésamo 12, 15189 CulleredoLat.44

12O CarballoMonte baixoArgentina Varela

Pedreira

Monte Alto 23-2ºI, 15002 A Coruña33748

13O CarballoPradoMarcelino Rodríguez LiñaresSilvar-Sésamo 12, 15189 CulleredoC.T.633323

5976