Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Domicilio social: Marqués de Valladares 23-2º Ofic. 2, 36201 Vigo.
Denominación: reforma L.M.T. Alxán, tramo Cabreira-Cabreira F.
Situación: Salvaterra de Miño.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 1.280 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos, desde o apoio 40 da L.M.T. xeral Salvaterra-Salceda ata o C.T. existente de Cabreira-F, concello de Salvaterra de Miño.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 2 de xuño de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
5874