Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.098

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/63-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. Riobao.

Situación: Sada.

Características técnicas: reforma da L.M.T. Lamastelle-Sada nunha lonxitude de 150 m en LA-110, paso aéreo-subterráneo da L.M.T. subterránea, con orixe na L.M.T. anterior e final no C.T. tipo interior que se vai construír en Riobao de 40 m en conductor R.H.V. de 240 mm Al. C.T. de 400 kVA a 15/20 kV-B2. Concello de Sada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 2 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5872