Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.097

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/376-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares 23-2º Ofic. 2, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. edificio Vidueira-rúa Victoriano Pérez Vidal.

Situación: Salceda de Caselas.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15/20 kV, de 138 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 3 da L.M.T. Salceda-igrexa ata o C.T. que se proxecta no edificio Vidueira, na rúa Victoriano Pérez Vidal, concello de Salceda de Caselas. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15/20 kV-220/380 V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 2 de xuño de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

5819