Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.096

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 48/1998).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico

(BOE do 28-11-1997), e decretos 2617 e 2619/1966, do 30 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24-10-1966), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e a aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV cunha lonixtude de 0,896 km, con conductor LA-56/54,6 mm, sobre apoios de formigón, con orixe na L.M.T. Santa Mariña-Covas (expediente 7306) e final no centro de transformación Bailadora, cunha potencia de 100 kVA 15.000/380-220 V tipo intemperie e unha rede de baixa tensión de 0,38 km de lonxitude con conductor tipo R.Z. e apoios de formigón. (Expediente

48/1998).

Finalidade: mellore-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Bailadora (termo municipal de Ferrol).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e solicitar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª planta, edificio administrativo Monelos, praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña; así mesmo, poderán formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resulta-los titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 28 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 48/98.Provincia: A Coruña.

L.M.T. A.I. C.T. Bailadora.Termo municipal: Ferrol.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1GaiteiroLabradíoÁlvaro de Santalo e OsorioAvda. de Ramón Ferreiro 15-1º, 27002 Lugo1 e 241341340

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2GaiteiroLabradíoÁngel Díaz FernándezMandiá, Chá 22, 15595 Ferrol14140

3GaiteiroLabradíoAndrés Fernández DíazMandiá, Outeiro 26, 15595 Ferrol3186860

4GaiteiroLabradíoAvelina Fernández DíazA Pedra, 15365Lat.22

5O CasalLabradíoJosé Rivas CastroMandiá, Chá, s/n, 15595 Ferrol3144440

6O CasalLabradíoJuan Alonso LagoMandiá, Chá 1, 15595 Ferrol30300

7O CasalLabradíoSeverino Castro CarneiroMandiá, Chá 7, 15595 Ferrol4150500

8O CasalLabradíoJesusa Fernández DíazIgnórase4150500

9O CasalMonte altoAntonio Botas PiñonIgnórase521903040

10BailadoraMonte altoElisa Losada Rodríguez15401 FerrolLat.28

11BailadoraMonte altoDescoñecidoIgnórase10160

12BailadoraMonte altoDescoñecidoIgnórase26416

13BailadoraMonte altoAndrés Rodríguez FernándezIgnórase6 e 73801280

14BailadoraMonte altoHerminia Carneiro SantallaMandiá, Chá 31, 15595 Ferrol7 e C.T.71651610

5818