Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.096

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/128-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. grupo escolar.

Situación: Cerdedo.

Descricións técnicas: L.M.T. aerosubterránea, a 20 kV, de 160 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, e 205 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio s/n da L.M.T. Cerdedo-Soutelo ata o C.T. que se proxecta no grupo escolar, concello de Cerdedo. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aerosubterránea, de 45 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo R.Z., sobre apoio de formigón, e 15 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 27 de maio de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

5567