De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28-11-1997), e decretos 2617 e 2619/1966, do 30 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24-10-1966), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade
beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e a aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV sobre apoios de metálicos (1) e de formigón (5), con conductor LA-56, de 680 m de lonxitude con orixe na liña 5, Bañobre-Casanova e final no centro de transformación de Balbón que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en Balbón, do que parte unha rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón (31) e con conductor R.Z., de 2.809 m de lonxitude, en seccións de 95, 50 e 25 mm Al, discorrendo
polos lugares de Balbón, Palai, Pereiro, Vellal e Rieiro de Arriba, concello de Vilarmaior. (Expediente 96/1998).
Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Balbón (termo municipal de Vilarmaior).
En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e solicitar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª planta, edificio administrativo Monelos, praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña; así mesmo, poderán formular por escrito alegacións en
razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resulta-los titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
A Coruña, 19 de maio de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: 96/98. Provincia: A Coruña.
L.M.T., C.T. e R.B.T. Balbón.Termo municipal: Vilarmaior.
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Solo Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº apoio m ml m
2 Fonsín Prado Nicolás Vázquez Vázquez Palai 5, 15615 Doroña-Vilarmaior 35 350
3 O Ramallal Prado Abelardo Ribeiros Picallo Casanova 5, 15615 Doroña-Vilarmaior 4 40
4 O Ramallal Prado Abelardo Ribeiros Picallo Casanova 5, 15615 Doroña-Vilarmaior 14 140
7 O Ramallal Labor José Fernández Lourido Fraga 2, 15615 Doroña-Vilarmaior 2 2 50 500
8 O Ramallal Prado Antonio Rivas Allegue Viaxe de Abaixo 16, 15615 Doroña-Vilarmaior 18 180
9 Palai Prado Manuel Fernández Ares Loureiros 50, 15614 Campolongo-Pontedeume 26 230
10 Palai Prado José Fernández Lourido Fraga 2, 15615 Doroña-Vilarmaior 4 32
11 Palai Frutales Abelardo Ribeiros Picallo Casanova 5, 16615 Doroña-Vilarmaior 52 538
12 Palai Prado Nicolás Vázquez Vázquez Palai 5, 15615 Doroña-Vilarmaior 3 2 56 560
13 Palai Prado Gonzalo López Cabana Concepción Arenal 72-2ºC, 15407 Narón 42 420
15 Palai Prado Manuel Prado Filguerias Breanca, s/n, 15615 Doroña-Vilarmaior 4 2 42 415
17 Palai Prado Josefa Pérez Salido Carballo 3, 15615 Doroña-Vilarmaior 33 330
18 Palai Prado Manuel Prado Filgueiras Breanca, s/n, 15615 Doroña-Vilarmaior 36 336
19 Leira de Pascua Prado América Cabana Allegue Balbón, s/n, 15615 Doroña-Vilarmaior 5 2 66 674
20 Leira de Pascua Labor América Cabana Allegue Balbón, s/n, 15615 Doroña-Vilarmaior C.T. 6 78 730
21 Leira de Pascua Labor Francisco Martínez Freijomil Rieiro 16, 15615 Doroña-Vilarmaior Lat. 50
5839