Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.094

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 2 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/131-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1996, artigos 52, 53 e 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, e artigos 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, Vigo.

Título: L.M.T., C.T. e R.B.T. Guillade.

Situación: Crecente.

Características técnicas: L.M.T., aérea núa, a 20 kV, de 85 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56,

sobre apoios de formigón, desde o apoio 8 da L.M.T. ó C.T. Ermida-Pazo e remata no C.T. que se proxecta en Guillade, concello de Crecente. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-.380/220 V. R.B.T., aérea, de 775 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, así mesmo, por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las posibles alegacións por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 2 de xuño de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 98/131.Provincia: Pontevedra.

L.M.T, C.T. e R.B.T. GuilladeTermo municipal: Crecente.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2O BarcelarPradoCésar Mera Gonzálezr/ Villanueva, 69-1º, 36880, A Cañiza650

3O BarcelarPradoPilar Moreira FernándezRego, s/n, 36940 Filgueira, Crecente15150

4O BarcelarPradoJulio César García-Luengo MonteroFrieira, s/n, 36940 Quintela, Crecente22220

5O BarcelarLabradioDescoñecidoRpta. Fiscal Audiencia Prov. r/ Salvador Moreno, 11, Pontevedra12120

5197