Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 8.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MIÑO

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual das normas urbanísticas de Miño.

De conformidade co disposto nos artigos 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, 8.d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, sobre delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, e 70.2º da lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, faise público que o pleno deste concello na sesión celebrada o día 28 de marzo de 1998 prestou aprobación definitiva á modificación puntual das normas urbanísticas de Miño.

Contra este acordo, que é definitivo na vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustica de Galicia, contados desde o día seguinte ó da última publicación no BOP ou no DOG.

A interposición deste recurso deberá comunicárselle previamente ó Concello de Miño, de conformidade co disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Miño, 19 de xuño de 1998.

Deogracias Romeu López

Alcalde

6068