Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 8.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1998 pola que se publica a contratación da subministración de uniformes para a escolta de gala e para os maceiros.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España s/n, 36071, Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a subministración de uniformes para a escolta de gala e para os maceiros.

b) Lugar de entrega: Casa do Concello.

c) Prazo de entrega: o adxudicatario queda obrigado a efectua-la entrega da subministración no prazo de tres meses contados desde a data de formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación: 3.364.480 ptas., incluído todo xénero de gastos e IVE.

5. Garantías.

Provisional: 67.290 ptas.

Definitiva: 134.579 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra, praza de España s/n, 36071, Pontevedra. Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis días naturais desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 10ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, das 9 ás 13 horas.

d) Prazo no que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación ás 10.15 horas do primeiro luns seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación de ofertas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os de anuncios que xere o procedemento e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de subministración, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

d) Os de transporte e entrega da subministración.

Pontevedra, 12 de xuño de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Marta de las Heras Rodríguez

Secretaria accidental

6218