Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 8.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 11 de xuño de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Crende número 3 (Redondela C-13).

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización de acordo co artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31-5-1993) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo

que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Crende nº 3.

Cultivo: mexillón.

Localización: cuadrícula nº 13, Redondela C.

Data da concesión: 11-12-1975.

Data do remate da última prórroga: 17-1-2006.

Anterior concesionario: Jesús Rodríguez Martínez (36.090.347N).

Nova titular concesión: Mª Carmen Álvarez Paredes (78.733.550L).

A nova concesionario queda subrogada nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 11 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG nº 134, do 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)

6353