Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 8.049

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1998 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de obra para realiza-lo selado a clausura de explotacións mineiras subterráneas antigas abandonadas da Comunidade Autónoma galega.

Entidade adxudicadora: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 5/1998.

Obxecto do contrato: obra de selado e clausura de explotacións mineiras antigas abandonadas na zona da Serra da Barbanza ( A Coruña), así como as minas sitas na parroquia de San Martiño de Aríns do concello de Santiago de Compostela, o sitio Monte Faro de Vimianzo e as minas de Freixo-Marcelle de Monforte de Lemos.

Prazo de execución: o prazo de execución finaliza o 30 de novembro de 1998.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: vintenove millóns novecentas oito mil catrocentas corenta e nove pesetas (29.908.449 ptas.)

Garantías:

Provisional: non se esixe.

Obtención de documentación e información:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º planta.

Localidade é código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 54 55 22.

Fax: 57 34 69.

Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: (grupos, subgrupos e categoría): grupo A, subgrupo A-4, categoría d.

Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, por tratarse dun expediente de tramitación urxente ó abeiro do disposto no artigo 72 da LCAP.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano nº 5, 4º andar.

Localidade é código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995 da CAP.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade é código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: once horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 1998.

O. (18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio

6172