O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25-9-1990) dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,
RESOLVO:
Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental e plan de restauración do espacio natural da mineira denominada Bribes-Rioboo, nº 6933, situada no concello de Cambre, provincia da Coruña, e solicitado por Cerámica Rioboo, S.L.
Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar del para consulta nas oficinas desta dirección xeral así como nas dependencias da Delegación Provincial
de Industria correspondente e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.
Santiago de Compostela, 17 de xuño de 1998.
Joaquín del Moral Crespo
Director xeral de Industria
6668