Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 8.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1998, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto para a subministración de material inventariable de laboratorio para os centros de investigación da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación da subministración de material inventariable de laboratorio.

b) División por lotes: 8 lotes.

Lote nº 1 : desintegrador/ sonicador e cabina de fluxo laminar vertical : 2.065.000 ptas.

Lote nº 2: baño de recirculación: 466.000 ptas.

Lote nº 3: incubador refrixerado ventilado: 600.000 ptas.

Lote nº 4: osmómetro crioscópico e bomba peristáltica de 16 canles : 1.660.000 ptas.

Lote nº 5: detector de fluorescencia para cromatografía líquida de alta eficacia e bomba para cromatografía líquida de alta eficacia: 2.250.000 ptas.

Lote nº 6: analizador elemental de carbono nitróxeno: 6.500.000 ptas.

Lote nº 7: 16 sensores de osíxeno con sistema de adquisición de datos: 4.500.000 ptas.

Lote nº 8 : balanza analítica: 1.140.000 ptas.

c) Prazo de execución ou data límite de entrega: 1 mes.

3. Orzamento base de licitación:

Importe total: 19.181.000 ptas., IVE incluído.

4. Garantía definitiva: 4% do orzamento do lote ou lotes que se liciten.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

b) Domicilio: rúa dos Irmandiños, s/n (Salgueiriños)

c) Localidade: 15071 Santiago de Compostela.

e) Teléfono: 981 54 61 52

f) Fax: 981 54 61 38.

6. Presentación de ofertas o das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase o seguiente día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, edificios

administrativos de San Caetano, 15071 Santiago de Compostela.

7. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: edificios administrativos de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día contado desde o último día de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: as 11 horas.

8. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 1998.

Xoaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira

e Investigación

6648