Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 8.048

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/207-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. subterráneo Santiago II O Restollal-Pontepedriña.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 5.485 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV de 240 mm Al, que parte da subestación Santiago II e final no C.T. Pontepedriña, pasando polos CC.TT. do Restollal I e II e C.D. Hipercor, CC.TT. de 630 kVA a 20 kV-B2 no Restollal I e II. Concello de Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 8 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5956