Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 8.047

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/206-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. Leiro-FP Rianxo.

Situación: Rianxo.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 525 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV 240 mm Al, que parte do C.T. Tanxil e remate no C.T. Fincheira. L.M.T. subterránea a 20 kV de 675 m en conductor R.H.V. 240 mm Al, con orixe no apoio L.M.T. Figueira Alveriña e remte no C.T. Rianxiño. Saídas de B.T. Subt. do C.T. Fincheira de 800 m de lonxitude. Reformas dos CC.TT. Tanxil e Rianxiño con celas prefabricadas. Rianxo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 8 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5860