Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 8.047

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/152-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Fonte do Carme, 3.

Situación: Negreira.

Características técnicas: acometida eléctrica mediante liña subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con ocnductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 40 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. instituto de BUP (expediente 107/1994 e remate no C.T. Fonte do Carme que se vai instalar. Centro de transformación en edificio vivendas de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, na r/ Fonte do Carme nº 3, do que parte rede de baixa tensión subterránea en conductor R.V.-0,6/1 kV de 4(1x240) mm Al de 135 m de lonxitude. Negreira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5861