Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 8.047

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/151-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T.S. Trav. Vázquez de Parga.

Situación: Carballo.

Características técnicas: acometida eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 10 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta os CC.TT. Bertoa (expediente 50686) e ambulatorio (expediente 31447) e remate no C.T. travesía Vázquez de Parga que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada formigón, de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión subterránea en conductor R.V. 0,6/1 kV de 4 (1x240) mm Al, de 200 m de lonxitude. Carballo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5864