Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).
Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación de Vilela.
Situación: Ribadeo.
Características técnicas: L.M.T. 20 kV-471 e 36 metros de lonxitude con conductor LA-56 de 54,6 mm sobre apoios de formigón e torres metálicas. Dous centros de transformación 20.000/380-220 V de 100 kVA cada un de potencia. Redes de baixa tensión.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 10 de xuño de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
5957