Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 8.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/15-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: reordenación husos subestación Eirís.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: liñas electricas subterráneas de media tensión, a 15/20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al de 755 m de lonxitude, con orixe na subestación Eirís e final na liña que alimenta o C.T. en r/Bergondo de 1.220 m de lonxitude, con orixe na subestación Eirís e final no C.T. Hernán Sáez de 125 m de lonxitude, con orixe no C.T. Hernán Sáez e final no C.T. Monte das Moas de 240 m de lonxitude, con orixe no C.T. Monte das Moas e final no C.T. Boavista de 1.465 m de lonxitude, con orixe na subestación Eirís e final no C.T. Ángela B. de soto de 1.505 m de lonxitude, con orixe na subestación..

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 3 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5844