Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 8.045

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/77-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: R.B.T. Porta dos Mariños.

Situación: muncicipio de Padrón.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de baixa tensión, a 380-220 V,. sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 95, 50 e 25 mm Al, de 1.182 m de lonxitude, con orixe no C.T. Tarrío (expediente 33935) e discorrendo polos lugares de A Baiuca, Tarrío e Belina. Municipio de Padrón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 3 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5845