Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. Ponte de Sar-Ponte Seca.
Situación: Santiago de Compostela.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, en dobre circuíto, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, con orixe no C.T. nº 6 do polígono das Fontiñas e final no C.T. Ponte Seca (expediente 30096). Santiago de Compostela.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 3 de xuño de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
5847