Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 8.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fan públicas as resolucións do secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 7 de xullo de 1998, polas que se declaran desertos varios concursos de proxecto e obra.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo Orde do 13 de decembro de 1993, de acordo cos reais decretos 212/1979 e 3548/1983 e co Decreto 58/1984, sobre asunción de transferencias en materia de transportes e conforme as actas da mesa de contratación,

RESOLVE:

Declarar desertos os concursos de proxecto e obra para a pavimentación do patio de manobras da estación de autobuses de Carballo (A Coruña), proxecto e obras para substitución da cuberta do patio de autobuses e pintura da estación de autobuses de

Lugo, e proxecto e obra para a restauración da estación de autobuses de Ourense, de conformidade co establecido no artigo 89 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

O que se notifica en cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, advertíndose que esta resolución, en canto por fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

5175