Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 8.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1998, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público aberto, pola tramitación de urxencia, para a reparación da fachada principal do edificio destinado á delegación territorial da Consellería de Economía e Facenda en Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría xeral e do Patrimonio.

c) Número de especiente: 30/1998.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: reparación da fachada principal do edificio destinado á Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Pontevedra.

b) Lugar de execución: Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Pontevedra.

c) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: vintenove millóns novecentas setenta e nove mil cincocentas noventa e unha pesetas (29.979.591 ptas.).

5. Garantías.

Provisional: 599.592 pesetas.

Definitiva: 1.199.184 pesetas.

6. Obtención de documentación.

a) Copy A3, S.L.

b) Domicilio: praza de Mazarelos, 4.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

d) Teléfono: 981 56 40 10.

e) Telefax: 981 56 40 10.

f) Data límite de obtención de documentos: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Obtención de información.

a) Entidade: Secretaría Xeral e do Patrimonio, Servicio de Xestión Económica e Control Presupostario.

b) Domicilio: San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 41 47.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Data límite de obtención de información: será a mesma que para a presentación de proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo K, subgrupo 7, categoría D.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais que se contarán a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula do PCA.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo, na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

b) Data e hora: ás 13 horas do terceiro día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1998.

P.D. (Orde do 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

6646