Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 8.036

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 1998, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dun inmoble sito en Ourense, para situar dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro,

RESOLVO:

Facer público que, por razón das necesidades do servicio, xustifícase, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da dita consellería, a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dun inmoble sito na rúa Progreso, 117,

de Ourense, para instalación de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 1998.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

6647