Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 8.036

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1998, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa para o aluguer dun inmoble na rúa dos Feáns, número 7-C, de Santiago de Compostela, para destinalo a dependencias da Comunidade Autónoma.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 55 do seu regulamento, e polas competencias que teño atribuídas de conformidade co Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro,

RESOLVO:

Facer público que, por razóns das peculiaridades do ben, xustifícase, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Medio Ambiente, a utilización do procedemento de contratación directa para o aluguer dun inmoble situado na rúa dos Feáns, nº 7-C e garaxe no soto terceiro, de Santiago de Compostela, para destinalo a dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 1998.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

6359