Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 8.036

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (34/1997).

Eu, Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial, Fago saber, que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de xuízo declarativo ordinario de menor contía co nº 34/1997 por instancia de Luciano López Riveiro representado polo procurador Barreiro Fernández contra outros e herdeiros descoñecidos e incertos de Antonio López Loureiro sobre declaración de propiedade e outros extremos, dictándose providencia no día da data acordando o emprazamento dos ditos demandados para que, no termo de dez días comparezan nos autos en forma representados por procurador e asistidos de letrado, baixo apercibimento de que, se non o verifican, serán declarados en rebeldía dándose por concluído o trámite de contestación á demanda e seguindo o xuízo o seu curso.

E, para que o acordado se cumpra e se publique no taboleiro de anuncios deste xulgado e no DOG, extendo o presente edicto en Santiago de Compostela o oito de xuño de mil novecentos noventa e oito.

A maxistrada

Rubricado

O secretario

Rubricado

6358