Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 8.038

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 5 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/107-4).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, artigos 52, 53 e 54 da Lei 54/1997 do

sector eléctrico e artigos 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón 38, Vigo.

Título: L.M.T. derivación Borreiros

Situación: Gondomar.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 875 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56 sobre paoios de formigón, desde o apoio 6 da L.M.T. GON 8.22 rematando no C.T. existente de Borreiros, concello de Gondomar.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar así mesmo por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular-las posibles alegacións por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966 de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 5 de maio de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 98/107-4. Provincia: Pontevedra.

L.M.T. derivación Borreiros.Termo municipal: Gondomar.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1AgoladaPradoJaime Martínez Miniñor/Ventura Misa 6, 36300 Baiona37258

2AgoladaPradoGonzalo Candendo Lorenzor/Ana Isabel Costas Piñeiro 1, 36350 A Ramallosa-Nigrán147

4XunqueiraPradoJosé Enrique Pereira Molaresr/Jacinto Benavente 29, 36202 Vigo1401400

6PiñeiralMonte altoRicardo Vázquez EstévezXunqueira 10, 36378 Borreiros-Gondomar32641024

7PalomaresPradoBenjamín Vieira CostasTelleiro 2, 36378 Borreiros-Gondomar880

10PalomaresMonte baixoRicardo Vázquez EstévezXunqueira 10, 36378 Borreiros-Gondomar15209

11BurgovedroPradoLorenzo Misa MartínezGranxa 3, 36307 Belesar-Baiona4259470

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

14BurgovedroPradoLuis Malvar Perdizr/Burgovedro 6, 36378 Borreiros-Gondomar21175

17LentasPradoMiguel Gutiérrez Álvarezr/Filipinas 2, 36204 San Xosé de Vigo621241065

18LentasPradoSecundina Rodríguez RodríguezTelleiro 23, 36378 Borreiros-Gondomar78

5841