Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 7.986

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 25 de xuño de 1998 pola que se autoriza o Centro de Capacitación Agraria de Lourizán (Pontevedra), para impartir un ciclo formativo de grao medio.

Examinado o expediente presentado pola Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria polo que solicita autorización para imparti-lo ciclo formativo de grao medio de traballos forestais e de conservación do medio natural da familia profesional de actividades agrarias, no seu Centro de Capacitación Agraria de Lourizán (Pontevedra).

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas non universitarias, Real decreto 777/1998, do 30 de abril (BOE 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; Real decreto 1713/1996, do 12 de xullo (BOE do 11 de setembro), polo que se establece o título de técnico en traballos forestais e de conservación do medio natural e as correspondentes ensinanzas mínimas.

Tendo en conta o informe favorable da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa. Esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo Centro de Capacitación Agraria de Lourizán (Pontevedra) para imparti-lo ciclo formativo de grao medio de formación profesional específica, segundo os datos que se relacionan no anexo desta orde.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO:

Provincia: Pontevedra.

Concello: Pontevedra.

Localidade: Lourizán.

Endezo: estrada de Marín km. 4.

Titular: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Denominación: Centro de Capacitación Agraria de Lourizán.

Código do centro: 360PON03.

Unidades: 2 unidades de formación profesional específica da familia profesional de actividades agrarias.

-Ciclo formativo de grao medio que se autoriza: traballos forestais e de conservación do medio natural.

6438