Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 7.985

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de xuño de 1998 pola que se autorizan os cambios de denominación dos colexios de educación infantil e primaria de Souto, Toques (A Coruña) e Ramón Guisasola Gorriti de Sanxenxo (Pontevedra).

Tendo en conta o artigo 8 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil, colexios de educación primaria e colexios de educación infantil e primaria (DOG do 21 de outubro), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-los cambios de denominación dos centros que no anexo se relacionan.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO:

Provincia: A Coruña.

Concello: Toques.

Localidade: Souto.

Código do centro: 15017314.

Denominación: colexio de educación infantil e primaria de Souto.

Nova denominación: colexio de educación infantil e primaria de Toques.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Sanxenxo.

Localidade: A Florida.

Código do centro: 36008866.

Denominación: colexio de educación infantil e primaria Ramón Guisasola Gorriti.

Nova denominación: colexio de educación infantil e primaria A Florida.

6370