Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 14 de xullo de 1998 Páx. 7.965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/106-2, 4992 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997 do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. en Carril das Flores nº 36 (Lugo).

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV de 340 metros de lonxitude en conductor D.H.Z. 1 12/20 kV Al. Centro de transformación de 630 kVA relación 20.000/420 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 8 de xuño de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5954