Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).
Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: L.M.T., subt. e C.T. edificio Andrés López.
Situación: Viveiro.
Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, con cable D.H.Z. 1 12/20 kV de 1x150 mm Al, cunha lonxitude de 430 metros. Centro de transformación de 630 kVA 20.000/420-242+-2,5%+5%+10% V, para subministración eléctrica ó edificio Andrés López na Ría de Viveiro.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 10 de xuño de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
5953