Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 14 de xullo de 1998 Páx. 7.965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/217-1).

Para os efectos previdos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. Vte. de liñas de M.T. de alimentación ó C.D. Lamas.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: variante de liña eléctrica subterránea de media tensión, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 5 (3x240) mm Al de 185 m de lonxitude, entrando e saíndo a C.T. Damas (expediente 29127) desde arquetas inmediatas. A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5807