Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 14 de xullo de 1998 Páx. 7.965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/165-1).

Para os efectos previdos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e C.T.C. Avda. de Arteixo, 131.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, con orixe na liña que alimenta o C.T. Avda. de Arteixo, nº 143 (expediente 266/1996) e remate na mesma liña, unha vez que saia do C.T. proxectado. Centro de transformación en edificio de vivendas nº 131, na Avda. de Arteixo, de 250 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV. A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5868