Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 14 de xullo de 1998 Páx. 7.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/41-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Lombao.

Situación: Ortigueira.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón (10) e tubulares metálicos (2) e con conductor LA-56,

de 1.816 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Penavide (C.T. que se vai suprimir) e final no C.T. Lombao, que se vai instalar. Liña derivada do apoio nº 1 da anterior, sobre apoio de formigón, de 46 m de lonxitude e final no C.T. Penavide, que se vai instalar. Liña derivada do apoio nº 9, sobre apoio de formigón, de 16 m de lonxitude e final no C.T. Castro, que se vai instalar. Centros de transformación, tipo Intemperie, sobre apoios de formigón, de 50 kVA/U e tensións de 20/0,380-0,220 kV de Lombao, Penavide e Castro, con redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de lonxitudes respectivas de 555 m, 1.080 m e 510 m nos lugares de Muíño do Vento, Lombao, Dosende.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 3 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5869