Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 14 de xullo de 1998 Páx. 7.944

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do pacto extraestatutario do convenio colectivo de ámbito provincial do persoal laboral do Concello de Rubiá (Ourense).

Visto o texto de pacto extraestatutario do persoal laboral do Concello de Rubiá de Ourense, con entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social pola totalidade dos traballadores, na xuntanza celebrada o día 27-5-1998, e de conformidade co disposto no Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios

colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 9 de xuño de 1998.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Pacto extraestatutario para o persoal laboral do Concello de Rubiá.

Capítulo primeiro

Ámbito de aplicación

Artigo 1º

As normas contidas no presente pacto aplicaranse ó persoal laboral do Concello de Rubiá, independentemente da súa relación de fixo ou eventual.

Artigo 2º

O presente convenio entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, con efectos do 1 de xaneiro de 1998, terá un período de vixencia ata o 31 de decembro de 1998. O convenio prorrogarase por períodos anuais ó non ser denunciado por calquera das partes asinantes con antelación mínima dun mes respecto da data da súa terminación. A súa negociación efectuarase ó mes seguinte do seu vencemento.

Artigo 3º

As condicións recollidas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas global e conxuntamente quedando subordinadas a calquera disposición xeral de rango superior que puidera ter efectos máis faborables para os empregados públicos.

Artigo 4º

Quedan reservadas á negociación colectiva todas aquelas materias que directa ou indirectamente afecten as condicións de traballo do persoal deste concello e particularmente: as retribucións, oferta de emprego, cadros de persoal, e relacións de postos de traballo, calendario de vacacións, réxime dis

ciplinario, xestión de servicio e método de traballo, seguridade e hixiene e dereitos sindicais e de participación.

Capítulo segundo

Comisión de control

Artigo 5º

Logo da súa aprobación, consituirase unha comisión paritaria de control e seguimento, entre as partes asinantes para o seguimento do convenio. A mencionada comisión deberá estar presidida por quen designe as partes de mutuo acordo sendo designado polo mesmo procedemento o secretario. Cada unha das partes pode estar asistida polos seus asesores, cada unha delas poderá presentar ante a comisión de control diferentes conflictos e irregularidades que se poidan formular da interpretación e aplicación do convenio, co fin de que a comisión emita dictame, e consecuentemente, emprega-las medidas legais que procedan. Esta comisión xuntarase por pedimento de calquera das partes, dentro das 48 horas seguintes á súa comunicación e, en todo caso, manterán anualmente unha xuntanza que se celebrará durante o mes de outubro de cada ano.

Serán funcións, entre outras, da mencionada comisión:

* Interpretación dos artigos ou cláusulas deste documento.

* Vixilancia do cumprimento do acordado.

* Conciliación faculttuva nos problemas colectivos con independencia da preceptiva reclamación previa perante a alcaldía e outros organismos competentes.

* Actualización das normas do convenio e ordenanzas, estudiando a necesidade da súa incorporación.

* Cantas outras actividades tendan á eficacia práctica do conenio.

* Cadros de persoal e postos de traballo.

As funcións ou actividades desta comisión non obstruirán en ningún caso, o exercicio da xurisdicción administrativa e contenciosa prevista na lexislación vixente.

A comisión de control elaboraá as súas propias normas de funcionamento interno e o seu calendario de xuntanzas. Os acordos tomaranse por unanimidade ou polo acordo conxunto de ámbalas dúas partes.

Capítulo terceiro

Organización do traballo

Artigo 6º

A organización práctica do traballo será compentencia do alcalde, a quen lle corresponde a iniciativa con suxeición á lexislación vixente ou da persoa

en quen delegue. Cando disto se deriven repercusións sobre as condicións de traballo dos empregados darase audiencia e requirirase informe dos representantes legais dos traballadores se os houbera. No deu defecto, procederase de igual forma cos empregados públicos afectados.

Artigo 7º.-Clasificación profesional.

Esta terá por obxecto a definición e unificación das diferentes categoríaas profesionais. O estudio, denominación e contido delas serán obxecto da comisión de control. A partir do devandito estudio, procederase á homologación e unificación no correspondente organigrama.

Artigo 8º.-Traballos de superior categoría.

A relación de traballos de superior e inferior categoría responderá a necesidades excepcionais, imprevisibles e perentorias e durará o mínimo tempo posible.

a) A adscrición dun traballador a un posto de superior categoría será feita pola alcadía con comunicación ós representantes legais dos traballadores se os houbera, levando consigo automaticamente o devengo das retribucións que correspondan ó posto desempeñado. O máximo tempo no que un traballador pode estar nesta situaión é de seis meses, transcorridos os cales, outro traballador ocupará o seu lugar.

b) Ningún traballador poderá realizar traballos de categorías inferiores, durante un período superior a 15 días, tendo en conta, ademais, o previsto nos artigos 4, 23 e 39 do Estatuto dos traballadores. Transcorrido o período citado, o traballador non poderá volver ó posto de categoría inferior, ata transcorrido 1 ano.

c) Os postos cubertos por estes sistemas incluiranse obrigatoriamente na seguinte oferta de emprego.

Artigo 9º.-Segunda actividade.

A corporación e os representantes legais dos traballadores concretarán, dentro das medidas de reorganización, os postos de traballo que poden ser considerados aptos para a creación dunha escala auxiliar dentro da relación de postos de traballo. Trala aprobación do presente acordo, formarase tal escala, definindo as funcións que teñan que ser realizadas por parte do persoal que se adscriba a tales postos. A eles adscribirase o persoal que teña diminuídas as súas facultades e foran considerados así polos servicios médicos competentes. O persoal pasará a esta escala, por incapacidade para o exercicio das súas funcións cotiás. Todo o persoal que pase á escala auxiliar, conservará a totalidade das retribucións que viña percibindo.

Artigo 10º

No suposto de que un traballador presente incapacidade manifesta para o exercicio das súas fun

cións, poderá solicita-la súa xubilación por invalidez ou ben o concello poderá tramitala de oficio, sen prexuízo de situacións de segunda actividade. Neste caso, o concello farase cargo da diferencia que exista entre a súa pensión e o que viña percibindo.

Artigo 11º

A empregada pública embarazada terá dereito a que, se o posto de traballo que desempeñe é prexudicial para o seu estado, se lle asignen outras funcións, de acordo coas circunstancias.

Capítulo cuarto

Ingresos promoción e provisión de postos

Artigo 12º.-Ingresos.

Durante o primeiro trimestre de cada ano natural e, dentro do mes seguinte á aprobación dos orzamentos, o concello fixará a súa oferta de emprego público.

A corporación reservará na oferta de emprego a porcentaxe que marque a lei, para o acceso dos diminuídos físicos ó emprego público. A oferta de emprego será negociada cos representantes legais dos traballadores, os cales participan na elaboración e redacción das bases reguladoras de cada convocatoria.

O ingreso no Concello de Rubiá será realizado por calquera dos sistemas previstos na lexislación vixente.

Artigo 13º

Os representantes legais dos traballadores, ou no seu defecto, os propios traballadores se non houbera represenación legal, designarán un vocal nos tribunais de selección, que actuará con voz e voto, e que deberá ser de igual ou superior categoría á praza convocada.

Artigo 14º.-Promoción interna.

O concello comprométese a reserva-la porcentaxe máxima que a lei prevé para a promoción interna. O sistema de promoción será o concurso-oposición, no cal a fase de concurso será valorada no 54% da puntuación total.

Nestes casos, non se esixirán os coñecementos previamente acreditados en probas anteriores de ingreso ou outras posibles promocións internas.

Os representantes legais dos traballadores (ou quen estes designen), participarán de idéntica forma, segundo o sinalado nos artigos 12º e 13º.

Artigo 15º.-Provisión de postos.

O sistema de provisión de postos de traballo será o seguinte:

a) Mediante concurso-oposición que será o sistema normal de provisión. Os baremos destes concursos

serán aprobados polo órgano competente logo da elaboración con participación dos representantes legais dos traballadores (ou quen estes designen) e, deberá conter méritos académicos, antigüidade e méritos profesionais.

b) Mediante libre designación, proveranse mediante este sistema os postos de traballo vinculados de forma directa á alcaldía.

Artigo 16º

En todo caso, estes baremos e probas serán elaborados conxuntamen cos representantes legais dos traballadores (ou quen estes designen), que formarán parte dos comités de valoración designando a un representante. Estes comités terán a seguinte composición: presidente, alcalde ou membro da corporación en quen delegue; vocais, concelleiro responsable de réxime interior ou membro en quen delegue, xefe administrativo da área da praza que é obxecto do concurso e un represenante legal dos traballadores; secretario que será o da corporación ou persoa en quen delegue.

Capítulo quinto

Vacacións, permisos, licencias e excedencias

Artigo 17º.-Vacacións.

As vacacións anuais retribuídas terán unha duración dun mes natural e desfrutaranse preferentemente nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

Se por necesidade do servicio, o traballador non puidera desfruta-las súas vacacións nos meses sinalados, terá dereito a fixa-las súas vacacións á súa eleccción, agás casos de forza maior, e desfrutará de sete días anuais adicionais. Neste caso, dirixirase informe á comisión de control sobre as necesidades do servicio, para a súa verificación.

Non obstante o anterior, o traballador poderá solicita-lo desfrute das súas vacacións, nun mes diferente ós sinalados. Poderase acceder ó solicitado, sen que iso xere dereito a desfrutar dos días adicionais sinalados.

Artigo 18º.-Licencias e permisos.

Concederanse permisos polas seguintes causas xustificadas:

* Por nacemento ou adopción de fillos: catro días.

* Por morte ou enfermidade grave dun familiar de primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, tres días, se o suceso se produce dentro da mesma localidade e catro se a localidade é distinta. Se o parentesco é de segundo grao, terá dereito a un día menos dos anteriormente sinalados.

* Por traslado de domicilio: dous días.

* O traballador cun fillo menor de nove meses terá dereito a unha hora de ausencia ó traballo. Este

período poderase dividir en dúas fraccións ou substituírse por unha reducción de xornada de media hora.

* Quen, por garda legal, teña ó seu cargo algún menor de seis anos ou un diminuído físico, psíquico ou sensorial, terá dereito a unha reducción de xornada nun tercio ou a metade con deducción proporcional de retribucións. Tamén poderán acollerse a este dereito os empregados públicos que teñan ó seu cargo familiares de primeiro grao, que por razóns de enfermidade, precisen asistencia sanitaria continuada.

* Para concorrer a exames ou probas de avaliación en centro oficiais, o día da súa celebración, e o necesario para concorrer a eles xustificadamente.

* Durante o tempo que duren os congresos ou xuntanzas de carácter profesional, social ou sindical, coa debida solicitude e xustificación e ata un máximo de oito días ó ano, en función das necesidades do servicio.

* Por matrimonio, 15 días naturais ininterrompidos.

* No caso de enviuva-lo empregado público, que teña fillos menores de seis anos ou diminuídos que non desempeñen ningunha actividade retribuída, terán dereito a un mes natural de licencia.

* Nos casos de adopción, o recollido na lexislación vixente de aplicación.

* Por asuntos propios, logo da solicitude e en función das necesidades do servicio, ata un total de nove días ó ano.

* Nos termos previstos na lexislación vixente e para o cumprimento dun deber público de carácter inescusable, o tempo mínimo imprescindible.

Capítulo sexto

Xornada, descanso

Artigo 21º.-Xornada.

A xornada laboral será de 37,5 horas semanais, de luns a venres e realizarase en xornada continua, ben de mañá o ben de tarde. Recóllese como aspiración a xornada laboral de 35 horas semanais, de conformidade coa proposta da Confederación Europea de Sindicatos. O empregado público que curse estudios, terá preferencia a elixir quenda de traballo, se tal é o sistema que se segue no seu servicio.

No caso de que se estableza un réxime de traballo de xornada partida, farase logo do acordo co traballador afectado. Neste caso e, logo de remisión á comisión de control, sinalarase o plus que vai ser percibido polo empregado público afectado por esta medida.

Artigo 22º.-Descanso.

A xornada máxima diaria fíxase en 9 horas diarias. O empregado municipal terá dereito a un descanso

durante a súa xornada de traballo diaria de 30 minutos no caso de que realice xornada continuada, e 15 no caso de xornada partida, que se computarán para tódolos efectos, como tempo de traballo efectivo. O descanso entre xornadas será como mínimo de 12 horas e o descanso semanal ininterrompido será de 48 horas e, preferentemente, sinalarase en sábado e domingo.

Capítulo sétimo

Réxime retributivo

Artigo 23º

O persoal laboral, unha vez unificadas as diferentes categorías profesionais, equipararase nas súas retribucións ó persoal funcionario, ó que se homologue, tendo en conta as funcións desempeñadas.

Artigo 24º.-Retribucións básicas.

As retribucións do persoal acollido ó presente convenio son as constituídas polo salario base e os complementos salariais que se definen a seguir:

* Salario base: é a parte de retribución do traballador fixada para a xornada ordinaria de traballo, en función do grupo ó que pertence e de igual contía cá establecida para os funcionarios.

* Complementos salariais:

-Complemento de antigüidade: a antigüidade dos traballadores será determinada mediante a aplicación do sistema previsto para os funcionarios públicos, é dicir, pola consolidación de trienios na contía correspondente a cada grupo ó que se asimila á categoría do traballador. O trienio cumprido terá efectos económicos desde o primeiro día do mes seguinte a aquel no que se perfeccione, excepto se se cumpre na primeira quincena do mes, xa que neste caso, os seus efectos serían desde o primeiro día do mes de cumprimento.

-Gratificacións extraordinarias: establécense dúas gratificacións extraordinarias por ano, que serán aboadas respectivamente, durante a segunda quincena de decembro e, durante a primeira quincena de xullo. A contía de cada unha delas será igual a unha mensualidade do salario base máis a respectiva antigüidade. Considerase como tempo efectivamente traballado, o correspondente á incapacidade temporal, nas súas diversas formas.

Artigo 25º.-Retribucións complementarias.

Conformada polo concepto salarial denominado plus de aproximación-convenio, no que se irán integrando as cantidades necesarias para proceder á total equiparación do persoal laboral co persoal funcionario, segundo o previsto no artigo 23º do presente convenio.

Artigo 26º.-Incremento salarial.

Haberá que aterse ó previsto en cada ano na Lei de orzamentos do Estado.

Artigo 27º.-Horas extraordinarias.

Establécese a prohibición, como norma xeral de realizar traballos extraordinarios fóra da xornada normal, agás as excepcións que sexan necesarias e, cun tope máximo correspondente a 70 horas extras anuais. O importe de cada unha destas horas sufrirá un incremento do 75% sobre o valor da hora normal. Se se realizara en horario nocturno ou en festivo, sufrirá un incremento do 25% sobre o valor da hora extra e, de coincidi-los dous factores, o incremento será do 50%.

Artigo 28º.-Axudas de custo e desprazamentos.

Entenderase por axuda de custos e desprazamentos, a indemnización económica diaria que se lle teña que pagar a un traballador como compensación dos gastos de mantenza, aloxamento e desprazamento que deba realizar motivados por orde da alcaldía.

A contía destas axudas será a especificada para os funcionarios segundo os seus respectivos grupos.

Artigo 29º.-Plus de nocturnidade.

O traballador que desenvolva a súa tarefa en horario nocturno, percibirá por cada hora de traballo efectivo a seguinte gratificación: (retribución anual/xornada anual)x0.25= gratificación hora nocturna.

Entenderase como hora nocturna, a comprendida entre as 22 e as 7 horas.

Artigo 30º.-Plus de festividade.

O traballador que desenvolva a súa tarefa en xornada de domingo ou festivo, percibirá por cada hora de traballo efectivo a gratificación que resulte da seguinte fórmula: (retribución anual/xornada anual)x0.50= gratificación hora festiva, ou ben a opción do traballador e logo do acordo co responsable de persoal, compensaranse os períodos recollidos no presente artigo, cos días de descanso que na mesma proporción correspondan.

Artigo 31º.-Traballos para outros municipios.

O traballador que ocasionalmente preste servicios para outros municipios, percibirá o seguinte plus: (soldo máis trienios/xornada anual)x0.25.

Artigo 32º.-Retribucións en caso de IT.

Durante as enfermidades e accidentes, calquera que sexa a súa orixe, que impidan o normal desempeño das funcións propias, a retribución será o 100% das que viña percibindo o traballador nunha mensualidade normal. O traballador terá a obriga de someterse ós controis médicos que consideren convenientes por parte da corporación e facilita-las visitas médicas, dando lugar á sanción que se tipifique, no caso de negativa deste a participar nos mencionados controis.

Indemnización por incapacidade permanente ou morte en accidente de traballo: o concello concertará, no prazo de dous meses desde o asinamento do presente convenio, ou manterá en vigor, debi

damente revisada, as correspondentes pólizas para asegura-los riscos de incapacidade permanente total ou absoluta, ou morte, por calquera concepto, co fin de que permitan a aqueles, ou no seu defecto ós seus herdeiros, seguindo a liña sucesoria que esteblece a Seguridade Social, unha indemnización de 2.500.000 pesetas, nos supostos anteriormente referenciados durante a vixencia do presente convenio.

Esta compensación é compatible coa pensión ou indemnización que poida causa-lo traballador na Seguridade Social ou montepío.

Non obstante o anterior, as indemnizacións pagadas con cargo a esta póliza de seguro de accidentes non terán a consideración de pagamentos a conta das que poidan fixar no seu día os tribunais ou xulgados por sentencia firme, e que sexan por conta das empresas.

Capítulo oitavo

Dereito sociais

Artigo 33º

O concello formalizará un seguro de cobertura das posibles responsabilidades civís de todo o persoal que preste os seus servicios nel, polos actos que realicen por razón do seu traballo. Este seguro será concertado cunha casa especializada, e na súa determinación será oída a comisión de control.

Artigo 34º

O concello designará pola súa conta, a defensa do traballador, que por consecuencia do exercicio das súas funcións, sexa obxecto de actuacións xudiciais, e asumirá os custos e gastos que se deriven, incluídas fianzas, agás nos casos nos que se recoñeza na sentencia, dolo, culpa, neglixencia grave ou mala fe.

O tempo que o empregado público empregue nas acutacións xudiciais derivadas das súas funcións serán consideradas para tódolos efectos, como tempo de traballo efectivo.

O concello garantirá a adscrición do empregado público que preste os seus servicos como conductor, a un posto de traballo axeitado, en caso de retirada temporal ou definitiva do carne de conducir, cando esta se derive do exercicio das súas funcións e cando non exista dolo ou culpa por parte do traballador.

Artigo 35º

Por pedimento do empregado público, no que se fará constar, tanto o importe, como proposta de devolución, o concello, logo da aprobación do pleno, concederá anticipos a conta. Para a súa concesión, serán requisitos imprescindibles o informe que deberá de emitir, nun prazo de 30 días desde a súa solicitude, a comisión de control e seguimento.

Artigo 36º

Establécese unha axuda por nupcialidade, natalidade e gastos de enterro, en contía de 25.000 pese

tas. Esta axuda é independente da que poidan conceder outros organismos. Se a morte é consecuencia de accidente de traballo, os gasto de enterro serán sufragados integramente polo concello.

Artigo 37º

Establécese unha axuda para os empregados públicos que cursen estudios en centros de ensino oficial, consistente no 80% do importe da matrícula. No caso de materias repetidas, non asistirá tal dereito. Esta axuda é incompatible con calquera outra que teña a mesma finalidade. Así mesmo, establécese unha axuda de escolaridade que percibirá o empregado público en servico activo e por cada un dos fillos matriculados en centro de ensino oficial e coas contías seguintes: preescolar e EXB, 15.000 pesetas/ano; BUP, COU, FP, ESO, 25.000 pesetas/ano; e universidade ou escola técnica, 50.000 pesetas/ano.

Igualmente establécese unha axuda para sufragar gastos de fillos en idade non escolar na contía de 5.000 pesetas/mes.

Artigo 38º

O empregado público cun cónxuxe ou fillos que se atopen en situación de incapacidade absoluta para traballar, recibirá mensualmente a cantidade de 10.000 pesetas por membro incapacitado, agás que este perciba pensión.

Artigo 39º

O empregado público terá dereito ás axudas para próteses de calquera tipo, que a continuación se detallarán, das cales ademais serán beneficiarios tódolos familiares con dereito de asistencia médica a cargo del, sempre e cando sexan prescritas por facultativos da Seguridade Social.

-Cristais bifocais: 6.000 pesetas.

-Lentes de contato: 7.900 pesetas.

-Montura de lentes: 1.900 pesetas.

-Cristais de lentes: 5.200 pesetas.

-Prótese dental completa: 5.200 pesetas.

-Prótese dental superior ou inferior: 18.000 pesetas.

-Cada unha das pezas: 3.700 pesetas.

-Empastes: 3.000 pesetas.

-Tartrectomía (limpeza bucal): 1.500 pesetas.

-Audífonos, faixas ortopédicas, cadeiras de rodas, bastóns ou muletas, ortodoncias, etc.: 65% do custo total.

Artigo 40º

O concello garantirá, en todo caso, o quebranto de moeda, sempre que non exista dolo ou culpa grave no traballador.

Artigo 41º

Establécese un prazo de dous meses a partir do feito causante, para solicita-las axudas contidas nos artigos do 35º ó 38º.

Capítulo noveno

Seguridade e hixiene

Artigo 42º

Con carácter xeral, anualmente efectuaráselles un recoñecemento médico a tódolos empregados públicos, co conseguinte coñecemento dos resultados. quedará a xuízo do servicio médico o tipo de recoñecemento a que deberá someterse o empregado. este recoñecemento, que será obrigatorio, realizarase preferentemente na xornada laboral.

Poderánselle realizar, así mesmo, revisións periódicas e específicas ó persoal que desenvolva unha actividade que as fago conveniente.

Ademais do recoñecemento obrigatorio, os empregados maiores de 50 anos, poderán solicitar, con carácter voluntario, a realización dun exame cardiovascular.

Artigo 43º

O comité de seguridade e hixiene é un instrumento legal, ó servicio do concello, para o cumprimento das prescricións legais nesta materia.

Artio 44º

Estará constituído polos representantes legais dos traballadores ou persoa en quen delegue e polo alcalde ou persoa en quen delegue. Nomearase un presidente e un secretario, e dotarase dun regulamento de funcionamento. Mentres non se constitúa, as súas funcións serán asumidas pola comisión de control.

Artigo 45º

Serán funcións do comité de seguridade e hixiene:

* Promove-lo coñecemento e a observancia da normativa nesta materia.

* Coñecer e recibir información dos riscos profesionais.

* Estudio das situacións de perigosidade, accidentes ocorridos, analiza-las súas causas e realizar propostas motivadas de prevención.

* Realización de campañas de mentalización e prevención de accidentes.

* Pór en coñecemento dos órganos competentes, as situacións de risco e perigosidade que se produzan.

* Promove-la paralización profesional de traballos, ante a presencia dun risco grave e inminente.

* Estudio e tipo dos uniformes.

Artigo 46º

A competencia do comité de seguridade e hixiene será en tódolos centros de traballo propios ou dependentes do concello. As conclusións deste comité trasladaranse á comisión de control.

Artigo 47º.-Roupa de traballo.

O concello comprométese a equipar anualmente ó persoal laboral co seguinte vestiario a principios de ano:

1. Persoal de obras e mantemento:

-Dous conxuntos de cazadora e pantallón.

-Un par de botíns de seguridade.

-Dúas camisas.

-Un par de botas de auga e un traxe de augas, cambiaranse por un novo cando se derramen ou se deteriore debendo entrega-la roupa derramada ou deteriorada.

-As luvas que precisen ó longo do ano.

2. Persoal de limpeza de edificios e locais:

-Dúas batas anuais.

-Un par de zocos.

-Un par de zapatillas.

-As luvas que necesiten ó longo do ano.

3. Persoal de mantemento de instalacións deportivas.

-Dous chándals (un de inverno e outro de verán).

-Dous pares de zapatillas.

-Unha cazadora.

Artigo 48º

Cada centro de traballo contará imperativamente cos medios necesarios de primeiros auxilios en perfectas condicións de funcionamento en todo momento.

Capítulo décimo

Dereitos sindicais

Artigo 49º

A corporación e os represenantes legais dos traballadores comprométense a desenvolve-las condicións que permitan a liberdade sindical. A representación do persoal desenvolverase de conformidade co previsto no Estatuto dos traballadores e a Lei orgánica de liberdade sindical.

Así mesmo, para cumprir coas súas funcións, a administración porá á disposición dos represenantes legais dos traballadores, un local e os medios materiais necesarios para o debido cumprimento das súas funcións.

Artigo 50º

Os representantes legais dos traballadores considerarán en canto ás súas funcións, o disposto nas disposicións mencionadas no artigo precedente e, en especial o contido da comisión.

Daráselle audiencia en materia de sancións e expedientes disciplinarios.

Informarase dos contratos subscritos, de conformidade coa lexislación vixente.

Da asignación de complementos, gratificacións, honores e distincións.

Ser consultados previamente, en relación cos cambios de horarios e quendas, incluídas as modificacións transitorias, así como a reestructuración do cadro de persoal e reorganización del.

Artigo 51º

Os representantes legais dos traballadores non poderán ser discriminados na súa promoción profesional ou económica.

Artigo 52º

Os representantes legais dos traballadores quedan expresamente obrigados a:

* Cumprir e respecta-lo pactado e negociado coa corporación.

* Desenvolver labores de estudio e asistencia de labores sindicais.

* Notificarlle á corporación, calquera cambio de membros, que se produzan no seu seo.

Capítulo décimo primeiro

Formación profesional

Artigo 53º

O empregado público poderá acceder á realización de calquera curso relacionado co seu posto de traballo, respectándose o principio de igualdade de oportunidades. A asistencia ós cursos será tida en conta para a promoción profesional, sempre e cando se expida certificación que amose o aproveitamento das materias impartidas. Anualmente elaborarase un programa destinado á formación permanente do empregado público, pola comisión de control.

Capítulo décimo segundo

Cesamentos

Artigo 54º

No caso de despedimento declarado improcedente polos órganos xurisdiccionais competentes, a opción entre a readmisión e a indemnización corresponderalle en todo caso ó traballador.

Capítulo décimo terceiro

Réxime disciplinario

Artigo 55º

No referente ó réxime disciplinario haberá que aterse ó disposto no Regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposicións adicionais

Primera.-A totalidade do persoal laboral incluída no seu ámbito de aplicación equipararase ó persoal funcionario de grupo E, nos diferentes conceptos

salariais: salario base, complemento específico e complemento de destino.

Segunda.-Os beneficios aquí pactados serán de aplicación a tódolos traballadores que presten servicios no Concello de Rubiá, incluídos aqueles nos que para as contratacións se proceda en virtude de acordos ou convenios subscritos coas administracións ou entidades xestoras correspondentes.

ANEXO

Táboa salarial do persoal laboral

do Concello de Rubiá

Ano 1998

Categoría

Salario

base

Plus de

aproximación

G. extraTotal

anual

Encargado instalación110.6429.380110.6421.711.724

Peón (media xornada)55.32120.46855.3211.032.654

Nota: o trienio aboarase a razón de 1.792 ptas./mes, xornada completa e a razón de 896 ptas./mes media xornada.

6663