Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 14 de xullo de 1998 Páx. 7.937

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo para o persoal laboral do Concello de Foz.

Visto o texto do convenio colectivo para o persoal laboral do concello de Foz (código 2700802), asinado o día 27 de marzo de 1998, pola parte da empresa en representación do Concello de Foz, o alcalde-presidente e pola parte social os delegados de persoal de UGT, CIG e CC.OO., e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do citado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Lugo, 4 de xuño de 1998.

José María Fernández Olea

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Foz

Capítulo I

Condicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

1. Ámbito persoal.

O presente convenio colectivo único establece e regula as normas polas que se rexerán as relacións de carácter xurídico laboral entre o Concello de Foz e o persoal que, suxeito á lexislación laboral, preste os seus servicios baixo a súa dependencia en calquera das suas seccións ou centros.

O persoal que ingrese posteriormente no cadro de persoal laboral por calquera procedemento, integrarase para tódolos efectos no presente convenio.

As normas contidas no presente convenio único serán de aplicación a todo o persoal laboral fixo.

Ó persoal contratado nas formas previstas no artigo 177.2º do R.D.L. 781/1986 de abril, seralles de aplicación este convenio no que non contradiga a lexislación específica, rexendo as súas condicións retributivas o que dispoña o contrato que subscriben coa Administración municipal, respectando en todo caso as condicións mínimas pactadas no convenio.

Queda exceptuado o persoal eventual de libre designación, a que se refiere el artigo 20.1º b) de la Lei 30/1984, do 2 de agosto.

2. Ámbito temporal.

A) Vixencia: con independencia da data na que sexa asinado polas partes e aprobado polo Pleno da Corporación Municipal, este acordo entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1998, estendéndose en duración ata o 12 de decembro de 1999. Nembargantes entenderase prorrogado tacitamente (a non ser que medie denuncia escrita de calquera de ámbalas partes) ata a entrada en vigor do convenio ou acordo que o sustitua.

Non obstante o anterior as retribucións económicas para 1998 negociaranse con efectos do 1 de xaneiro de 1998, constituíndose a comisión negociadora antes do 1 de outubro de 1997, estando formada ela polas partes asinantes do presente acordo, afectando tamén a negociación para o 1998 á oferta de emprego, a promoción, xornada e horarios.

B) Denuncia: calquera das partes poderá denuncia-lo convenio someténdose ó cumprimento dos seguintes requisitos:

-A denuncia formularase por escrito.

-Expoñerase breve e sixelamente o obxecto da denuncia.

-A denuncia formalizarase antes do 30 de novembro do ano en que desenvolva a súa vixencia no convenio.

Denunciado o convenio e ata que se logre un novo acordo expreso, manterase en vigor en todo o seu contido formativo o convenio actual, salvo no que afecta ás retribucións, no que se aplicará ó disposto na LGP.

3. Carácter.

O convenio ten un carácter mínimo, necesario e indivisible para tódolos efectos, no sentido de que as condicións pactadas constitúen un todo orgánico unitario e, para ós efectos da sua aplicación práctica, serán consideradas global e conxuntamente, polo que non poden ser renegociadas, modificadas ou reconsideradas parcialmente illadas do seu contexto xeral.

4. Condición máis beneficiosa.

As melloras establecidas en calquera disposición de calquera rango, e todas aquelas situacións colectivas que comparadas analítica e globalmente sexan superiores ás do acordo serán de aplicación de acor

do co principio de «a norma máis favorable ou condición máis beneficiosa», con exclusión de situacións singulares.

5. Irrenunciabilidade.

Terase por nula ou por non feita a renuncia por parte dos traballadores a calquera dos beneficios establecidos no acordo. Así mesmo, entenderase como nulo calquera acordo, resolución ou cláusula que implique condicións menos beneficiosas, ás descritas neste convenio, para o persoal laboral do Concello de Foz.

6. Interpretación.

Tódalas condicións establecidas no acordo, serán interpretadas pola comisión paritaria e de acordo en todo caso co punto da posición máis beneficiosa para o empregado.

O sentido e alcance das condicións establecidas no acordo deberán de buscarse dentro do seu conxunto orgánico.

7. Aplicación do convenio.

As partes asinantes do acordo comprométense á súa aplicación directa e a non promover cuestión ningunha que poida supoñer modificación das condicións pactadas.

As disposicións que conten o presente convenio aplicaranse con preferencia sobre calquera outra e en todo caso, será de aplicación supletoria a normativa vixente de réxime de persoal laboral ó servicio das administracións públicas.

Durante o período de vixencia do acordo, non será de aplicación no Concello de Foz ningún outro acordo colectivo ou resolución que poida afectar ou referirse ó mesmo ámbito de aplicación persoal que se recolle no parágrafo primero.

8. Publicidade do acordo.

A) O Presente acordo remitirase á autoridade laboral competente de conformidade co establecido no artigo 90 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, así como Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, e será publicado no BOP inmediatamente despois da súa aprobación polo Pleno da Corporación Municipal.

B) O Concello procurará que todos e cada un dos seus empregados dispoñan dun exemplar deste acordo.

9. Conflictividade laboral.

As partes asinantes do acordo, comprométense a esgota-la vía do diálogo e a negociación antes de adoptaren medidas disciplinarias ou actitudes de conflicto colectivo.

Capítulo II

Comisión de seguimiento

Artigo 2º.-Comisión paritaria.

A) Constitución.

A comisión estará formada polos delegados electos do persoal e será presidida polo alcalde-presidente do concello ou concelleiro delegado de persoal que formará parte da comisión para tódolos efectos. Actuará como secretario o secretario do concello, que formará parte da comisión con voz pero sen voto.

B) Adopción de acordos.

Os acordos adoptaranse por maioría de votos, decidindo en caso de empate, o presidente da comisión, con voto de calidade. Os acordos será recollidos na acta polo secretario e daráselles publicidade no taboleiro de edictos e nos sindicatos (cando se considere necesario debido á sua transcendencia ou incindecia, o acordo facerase público no BOP).

Os acordos, unha vez ratificados polo órgano plenario, obligarán por igual á Administración e persoal laboral, anexionándose a este convenio como peza separada.

C) Funcións da comisión.

-Dictaminar toda cuestión ou dúbida sobre a interpretación ou aplicación do presente convenio ou dos seus futuros anexos.

-Vixilancia do cumprimento do pactado.

-Ser consultado obrigatoriamente sobre calquera contrato laboral (fixo, temporal, determinado a tempo parcial...) que leve a cabo o Concello de Foz.

-Ser consultado obrigatoriamente sobre calquera medida disciplinaria que se adoptará sobre o persoal laboral desta Administración municipal.

-A facultade de conciliación previa, naquelas cuestións que voluntariamente e de común acordo lle sexan presentadas polo concello e os seus empregados.

-Elaborar, a nivel de proxecto, o calendario de vacacións do persoal laboral.

D) Ámbito temporal.

a) A comisión de seguimento e interpretación reunirase o primeiro luns de cada mes, ou cando así o solicite 1/3 dos seus membros, logo de convocatoria do seu presidente.

b) No caso de que o convenio sexa denunciado e ata que non sexa vixente un novo acordo, a comisión continuará exercendo as súas funcións.

Capítulo III

Xornada e calendario laboral

Artigo 3º.-Xornada de traballo común.

1. A xornada laboral común será de 35 horas semanais, que serán prestadas de luns a venres de 8 a 15 horas.

2. Os traballadores municipais dispoñerán dun descanso de 30 minutos diarios retribuídos e non recuperables dentro da xornada laboral.

3. Para os efectos do establecido no presente artigo, computaranse como tempo de traballo efectivo o estrictamente necesario para vesti-la roupa do traballo, recoller, gardar ou ordena-las roupas, uniformes, materiais, ferramentas e demais utensilios de traballo. En calquera caso, o tempo empregado en cambiar de roupa, non poderá supera-los 10 minutos.

4. Os traballadores que teñan que face-la garda ou retén pola tarde cambiarán 7 horas de garda por un día laborable.

5.Cando en oficinas se estableza xornada festiva, será extensible a tódolos centros de traballo do persoal dependente do concello. Caso de non poder ser así pola natureza do servicio ou as súas necesidades, compensarase con dous días de descanso ou, se é o caso, economicamente. A festividade de Santa Rita, patroa da Administración local é festa non recuperable.

Artigo 4º.-Horario.

1. O horario laboral establecido con carácter xeral será de luns a venres de 8 a 15 horas.

2. No suposto de que o persoal laborable suxeito ó réximen xeral se vise obrigado a prestar servicios fóra da súa xornada laboral e do horario establecido, compensaráselle con dez días de descanso acumulable ou con indemnizacións económicas (elección a xuízo corporativo logo de petición do interesado).

3. Establécese unha marxe de flexibilidade no horario dun cuarto de hora diario, que deberá de recuperarse no mesmo día. A citada marxe de flexibilidade enténdese no primeiro cuarto de hora e deberá ser recuperada á hora de saída, co mesmo tempo que o demorado na entrada a custa do período de descanso previsto no parágrafo anterior.

4. No caso de que sexa necesario que un traballador sometido a xornada laboral deba prescindir dos seus días de descanso, será preciso que o alcalde-presidente comunique motivadamente tal eventualidade, con 4 días de antelación, salvo no suposto de que este termo non sexa posible por corresponderse con situación de imposible previsión ou causas de catástrofe ou calamidade pública.

5. O tempo do traballo computarase de modo que, tanto ó comezo como ó final da xornada diaria, o traballador atoparase no seu posto de traballo. Para os traballadores que desempeñen a súa actividade en centros ou lugares itinerantes, o conxunto da xornada normal de traballo comezará a partir do lugar

de recollida ou reunión establecida, tanto a entrada como á saída do traballo.

Artigo 5º.-Calendario.

1. O calendario laboral normal que rexerá para o personal laboral do Concello de Foz será o que figura como anexo II do presente texto, ou deberá permanecer exposto nos taboleiros de anuncios de cada centro de traballo.

2. Os servicios que pola súa peculiaridade teñan que organiza-lo seu traballo en quendas ou ser prestados en domingos-festivos ou horas nocturnas e, por tanto, non poden acollerse ó réxime xeral, elaboran un calendario especial, con vixencia anual e baixo os principios de igualdade, rotación e non discriminación dos traballadores.

3. Os calendarios de quendas elabóranse anualmente e expóñense no taboleiro de anuncios da corporación antes do 15 de decembro de cada ano. Calquera modificación que se pretenda levar a cabo no calendario (xeral/especial), deberá de ser debidamente motivada e facerse pública cunha antelación mínima de 7 días, salvo supostos derivados de situacións sobrevidas ou urxentes.

Capítulo IV

Dereitos dos traballadores

Artigo 6º.-Descanso semanal, festas e permisos.

1. Os traballadores terán dereito a un descanso mínimo semanal, acumulable por períodos de ata catorce días, de día e medio ininterrompido que, como regra xeral, comprenderá a tarde do sábado ou, se é o caso, a mañá do luns e o día completo do domingo. A duración do descanso semanal dos menores de dezaoito anos será, como mínimo, de dous días ininterrompidos.

Resultará de aplicación ó descanso semanal o disposto no apartado 7 do artigo 34º en canto a ampliacións e reduccións, así como para a fixación de réximes de descanso alternativos para actividades concretas.

Todo traballador terá dereito a desfrutar, ademais das súas vacacións anuais, ata 9 días non recuperables, sen necesidade de xustificación, pero respectando en todo caso as necesidades do servicio. En todo caso o desfrute deste permiso esixe a comunicación previa por escrito o alcalde-presidente cunha antelación mínima de 3 días.

2. As festas laborais, que terán carácter retribuído e non recuperable, non poderán exceder de catorce ó ano, das cales dúas serán locais. En calquera caso, respectaranse como festas de ámbito nacional as da Natividade do Señor, Aninovo, 1º de maio, como festa do traballo e 12 de outubro, como festa nacional de España.

Respectando as expresadas no parágrafo anterior, o Goberno poderá trasladar ó luns tódalas festas de

ámbito nacional que teñan lugar entre semana, sendo, en todo caso, obxecto de traslado ó luns inmediatamente posterior ó descanso laboral correspondente ás festas que coincidan con domingo.

A Xunta de Galicia sinalará as datas das festas que por tradición se veñen realizando.

3. O traballador, logo do aviso e xustificación, poderá ausentarse do seu traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Por matrimonio, o empregado terá dereito a unha licencia retribuída de 20 días naturais ininterrompidos que poderá desfrutar con anterioridade ou posterioridade a súa celebración, incluíndo a dita data, podendo tamén desfrutala sen solución de continuidade coas vacacións anuais regulamentarias.

Esta licencia concederase con plenitude de dereito económicos.

No caso de matrimonio de parentes (pais, sogros, irmáns, cuñados, fillos e avós do interesado), 1 día; 2 días se fose necesario desprazarse a máis de 200 kilómetros de distancia e 3 días se fose a máis de 500 kilómetros.

O desfrute do permiso deberá coincidir coa data de celebración.

b) A enfermidade grave ou morte dun fillo ou do cónxuxe dará lugar a unha licencia retribuida de 7 días.

A enfermidade grave ou morte dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 3 días nun raio inferior a 100 kilómetros e 5 días nun raio superior a 100 kilómetros.

Falecemento dun familiar ata o terceiro grao de afinidade ou consanguinidade, o tempo indispensable para asistir ó enterramento.

Autorizaranse os seguintes permisos, logo de solicitude do interesado e posterior xustificación pola parte deste:

c) Licencia polo cambio do domicilio: 3 días hábiles, non podendo repetirse o permiso neste concepto máis que unha vez ó ano.

d) O tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e personal comprendido no exercicio do sufraxio activo.

No R.D. 1945/1985, do 9 de outubro (BOE do 23), de hemodoazón e bancos de sangue establécese, no seu artigo 6, que o emprego do tempo necesario para efectuar unha doazón de sangue será considerado a tódolos efectos como cumplimento dun deber de carácter público e persoal.

A LO 5/1995, do 22 de maio (BOE do 23, I.L. 3527) do Tribunal do Xurado, no seu artigo 7.2º, dispón que o desempeño da función de xurado terá,

para ós efectos do ordenamento laboral e funcionarial, a consideración de cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

Cando o cumplimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis do vinte por centro das horas laborais nun período de tres meses, poderá a empresa pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia regulada no apartado 1 do artigo 46 da Ley do Estatuto dos traballadores.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

Fíxanse en 20 horas mensuais de libre disposición sindical para cada un dos delegados de persoal. Non serán computadas como tales horas sindicais, todas aquelas que se invisten en reunións da mesa de negociación, comisión paritaria mixta e todas aquelas que se realicen por iniciativa do propio concello.

f) Polo tempo indispensable para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto que deban realizarse dentro da xornada de traballo.

g) Para asistir a eventos colectivos de carácter técnico-científico, profesional, colexial, asociativo ou sindical. Se a asistencia fose autorizada expresamente polo propio concello, por tratarse de materias de interese para el; o empregado terá dereito á percepción de axudas de custo, gastos de viaxes, estandías, inscricións e outros.

4. As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora e media de ausencia do traballo, que poderán dividir en duas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá sustituir este dereito por unha reducción da xornada normal coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou o pai no caso de que ámbolos dous traballen.

5. Quen por razóns da garda legal, teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un diminuído físico ou psíquico ou ancián, que non desempeñe outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada do traballo dun tercio ou un medio, coa diminución proporcional do salario entre, polo menos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Artigo 7º.-Vacacións anuais.

1. A comisión de interpretación e seguimento elaborará o calendario de vacacións de cada un dos servicios ou seccións ós que se adscriba o persoal laboral; establecendo en todo caso, un réxime de quendas que asegure tanto a igualdade dos traballadores á hora de desfrutar do período vacacional como a cobertura dos servicio a que están adscritos.

2. O período vacacional quedará suspendido cando se presente unha situación de baixa médica, antes ou durante o seu desfrute, as vacacións continuarán

logo de que a alta médica sexa efectiva, aínda que teña rematado o ano natural a que corresponda.

3. A duración do período vacacional dos traballadores que non alcanzen un ano de servicio activo será proporcional ó tempo de servicio que media desde a data do seu ingreso ata o 31 de decembro, ou ata a data de finalización do contrato.

4. Aplicarase o artigo 38 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 8º.-Suspensión con reserva do posto de traballo.

1. Ó cesaren as causas legais da suspensión, o traballador terá dereito á reincorporación ó posto de traballo reservado, en tódolos suspostos a que se refire o apartado 1 do artígo 45 excepto nos sinalados nas alíneas a) e b) do mesmo apartado e artigo do Estatuto dos traballadores.

2. No suposto de incapacidade temporal, producida a extinción desta situación con declaración de invalidez permanente nos graos de incapacidade permanente total para a profesión hatitual, absoluta para todo traballo ou gran invalidez, cando, a xuízo do órgano de cualificación, a situación de incapacidade do traballador sexa previsiblemente obxecto de revisión por melloría que permita a súa reincorporación ó posto de traballo, subsistirá a suspensión da relación laboral, con reserva do posto de traballo, durante un período de dous anos contados dende a data da resolución pola que se declare a invalidez permanente.(artigo 48 do Estatuto dos traballadores).

3. Nos supostos de suspensión por prestación de servicio militar ou prestación social substitutoria, exercicio de cargo público representativo ou funcións sindicais de ámbito provincial representativo ou funcións sindicais de ámbito provincial ou superior, o traballador deberá reincorporarse no prazo máximo de trinta días naturais a partir da cesación no servicio, cargo ou función.

4. Licencia pola xestación.No suposto de parto, a suspensión terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas ampliables por parto múltiple ata dezaoito semanas. O período de suspensión distribuirase a opción da interesada sempe que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto, poidendo facer uso destas o pai para o coidado do fillo no caso de falecemento da nai.

Non obstante o anterior, no caso de que a nai e o pai traballen, aquela, ó comeza-lo período de descanso por maternidade, poderá optar por que o pai desfrute de ata catro das últimas semanas de suspensión, sempre que sexan ininterrompidas e ó final do citado período, salvo que no momento da súa efectividade a incorporación ó traballo da nai supoña risco para a súa saúde.

No suposto de adopción, se o fillo adoptado é menor de nove meses, a suspensión terá unha duración

máxima de dezaseis semanas, contadas á elección do traballador, ben a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento, ben a partir da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción. Se o fillo adoptado é maior de nove meses e menor de cinco anos, a suspensión terá unha duración máxima de seis semanas. No caso de que o pai ou a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

Pola paternidade, concederanse 7 días sin xuízo do disposto nos apartados anteriores.

5. Licencia para concorrer a exames ou demais probas de aptitude ou avaliación en centros oficiais.

Poderase conceder licencia para a realización de estudios directamente vinculados coas tarefas inherentes ó cargo que se desempeña.

O persoal fixo ten dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atender ó coidado do fillo, tanto cando o sexa por natureza ou adopción, contados desde a data de necemento deste ou adopción. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia, que, se é o caso, porá fin ó que se viñera desfrutando. Cando o pai e nai traballan, só un deles poderá exercer este dereito.

O período de permanencia na dita situación será computable para efectos de trienios e dereitos pasivos. Durante o primeiro ano terán dereito á reserva do posto de traballo que viñan desempeñando. Transcorrido este período, a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente e coas mesmas retribucións.

Artigo 9º. Tramitación de permisos e licencias.

As solicitudes e licencias presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, que dispoñerán duns modelos normalizados.

Os permisos e licencias de ata 5 días de duración deberán de solicitarse con 3 días hábiles de antelación e con 5 días os de maior duración, salvo nos casos de urxente necesidade, no que é necesario o cumprimento do indicado preaviso.

A concesión dos permisos e licencias corresponderá ó alcalde-presidente ou persoa en quen este delegue, que dictará para o efecto a oportuna resolución.

Capítulo V

Dereitos económicos

Artigo 10º.-Concepto de salario, forma e tempo de pagamento.

Enténdese como "salario" a totalidade de beneficios que obtén o traballador polos seus servicios independentemente da cantidade de obras realizadas, salvo naqueles contratos en que se estipule un mínimo de obra.

O pagamento do salario farase no centro de traballo a través da entidade bancaria, (logo de coñecemento e selección do empregado), entregándoselle en todo caso, un modelo oficial, no que se detallan os conceptos retributivos e as deduccións sobre eles.

O aboamento do salario farase efectivo no último día do mes vencido, dispoñendo todo traballador de 30 minutos retribuidos para exercer este dereito.

Artigo 11º.-Elementos do salario.

1. A estructura do salario dos empregados do Concello de Foz será a seguinte:

A. Retribucións básicas

A.1. Soldo.

A.2. Antigüidade.

A.3. Pagas extras.

B. Retribucións complementarias

B.1. Pluses de penosidade, toxicidade e perigosidade.

B.2. Productividade.

B.3. Plus de eventualidade.

B.4. Gratificacións.

B.5. Horas extras.

A.1. Soldo base: o salario base fixarase tendo en conta o grupo e a categoría profesional da persoa empregada para o desempeño do posto de traballo e será actualizada anualmente, tendo en conta o IPC. No Concello de Foz, e para efectos de clasificación poden distinguirse os seguintes grupos:

Este artigo queda supeditado ó compromiso de elaborar unha nova relación de postos de traballo en 3 meses.

Artigo 12º.-Gratificación por servicios especiais e extraordinarios.

A) Horas extraordinarias: os traballos con carácter extraordinario que deban realizarse fóra da xornada laboral establecida, e que en ningún caso terán carácter de periódicos e fixos, unicamente se realizarán en casos verdadeiramente necesarios, que deberán de ser propostos polo xefe da unidade, aceptadas polo empregado e ratificadas polo alcalde-presidente.

O número de horas traballadas fóra de xornada normal non poderán nunca sobrepasa-los límites de 80 horas ó ano por cada traballador, de conformidade co disposto no artigo 35.2º E.T.

A realización de tales horas rexistrarase día a día e totalízase semanalmente entregando copia do resumo semanal ó traballador no parte correspondente.

A cuantificación do valor hora para efecto de gratificacións por servicios especiais e extraordinarios calcúlanse segundo o criterio seguinte:

-O valor hora/ano calcúlase dividindo a retribución total anual de cada traballador (excluíndo bienios ou quinquenios ou a axuda familiar) entre a número total de horas dese período.

-O valor da hora extraordinaria calcúlase incrementando o valor hora/ano nun 75%.

-O valor da hora extraordinaria festiva calcularase incrementando o valor hora/ano nun 150%.

En todo caso, quedarán prohibidas as horas extraordinarias nocturnas.

-Deberán confeccionarse partes diarios asinados polo encargado co visto e prace da alcaldía, sobre a realización de horas extras. Os partes ou no seu defecto un resumo deles, expoñeranse no taboleiro de anuncios do concello e poñeranse á disposición dos delegados de persoal.

Artigo 13º.-Xuros por demora.

Os xuros por demora no pagamento das retribucións, indemnizacións, axudas de custo e gratificacións a que teñan dereito os traballadores, será a correspondente que indique a Ley de orzamentos do Estado para isto.

Capítulo VI

Dereitos sociais

Artigo 14º

1. O Concello de Foz comprométese a crear unha partida de 2.000.000 de pesetas, para o ano 1998, dedicadas ás melloras sociais do persoal contratado ó servicio municipal e funcionario, que se repartirán segundo dunha ordenanza de acción social negociada cos representantes dos traballadores e a Administración.

Unha vez aprobado o convenio polo Concello Pleno, iniciarase de maneira inmediata coa participación dos representantes dos traballadores a elaboración da ordenanza de acción social, na que se regulará a xestión do fondo social. Esta ordenanza deberá ser publicada no prazo de seis meses desde a data da sinatura do presente convenio.

Capítulo VII

Acceso, promoción e previsión

Artigo 15º.-Sistemas de selección.

O ingreso do persoal ó servicio do concello realizarase por convocatoria pública, mediante o sistema de oposición libre, concurso ou concurso-oposición, nos que se garantirán os principios de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade.

En tódolos tribunais de selección participarán os representantes electos dos traballadores, con voz e voto, o cal deberá posuír titulación igual ou superior ó da praza convocada e ocupar praza no cadro de persoal do concello.

Artigo 16º.-Funcionarización.

1. No marco do disposto na disposición transitoria 15 da Lei 30/1984, e no capítulo XIII do título IV do acordo entre a FEMP e sindicatos sobre as condicións de traballo da función pública local, do 8 de xuño de 1995, a Corporación promoverá a funcionarización do persoal laboral fixo. Por funcionarización entenderase a adscrición ó Estatuto funcionarial do persoal fixo que veña desenvolvendo funcións afíns ás do corpo ou escala de funcionarios.

2. A Corporación definirá logo de negociación coa representación sindical, aqueles postos de traballo que deben ser desenvolvidos por persoal funcionario e deseñará o procedemento de funcionarización, conforme ós seguintes criterios mínimos:

a) O sistema para a funcionarización será o concurso-oposición restrinxido.

b) As probas serán adecuadas ó nivel profesional do corpo ou escala correspondente.

c) As convocatorios faranse de forma sectorializada e esixiranse coñecementos relacionados coas tarefas que se desenvolvan, na área da actividade correspondente.

3. Procurarase facilitarlles ós candidatos a formación necesaria para presentarse ás probas e condicións idóneas.

Formación do persoal fixo municipal: o concello, con carácter xeral obrígase a adoptar cantas medidas sexan necesarias para posibilita-la formación e perfeccionamento dos seus traballadores, beneficioso tanto para a súa promoción profesional e mellor desenvolvemento do seu labor, como para o incremento da productividade e mellor prestación do servicio público. Neste sentido, os traballadores municipais verán facilitada a realización de estudios para a obtención de títulos académicos ou profesionais, de cursos de perfeccionamento profesional e o acesso a cursos de reconversión e capacitación profesional, organizados polas administracións central, autonómica e local.

Artigo 17º.-Promoción profesional.

Na medida en que a lexislación o permita, o concello convocará o maior número de prazas polo sistema de promoción interna, coa finalidade de potencia-la promoción profesional. Asemade, facilitará o ascenso profesional e a carreira administrativa mediante casos sobre especialización profesional.

En todo caso, reservarase para promoción interna ata un 50% das prazas de oferta de emprego público de cada grupo de clasificación no conxunto anual.

No caso de que a oferta de emprego público de cada grupo de clasificación fora dunha praza se reservará para promoción interna a primeira convocatoria, e a seguinte para oferta pública.

Artigo 18º.-Recoñecemento do desempeño dunha función.

A todo traballador/a que desempeñe funcións de superior categoría, de maneira continuada ou por períodos determinados de tempo, adecuaránselle tanto as retribucións básicas como as retribucións complementarias á categoría desempeñada.

No caso de que un traballador/a do concello estivese nesta situación por un período superior a 6 meses durante un ano, ou a 8 meses durante 2 anos, procederase á súa reclasificción, a través do sistema de concurso, creando previamente a praza necesaria para tal obxectivo; en todo caso, para proceder será necesario por parte do afectado estar en posesión da titulación correspondente á praza que se vai reclasificar ou ter antigüidade legalmente necesaria.

Capítulo VIII

Seguridade e saúde laboral

Artigo 19º

1. O Concello de Foz arbitrará as medidas necesarias para garanti-la debida protección dos seus traballadores en materia de saúde laboral, en cumprimento da lexislación vixente nesta materia.

2. Os traballadores veñen obrigados a observar estrictamente tódalas a medidas de seguridade e saúde laboral que, conforme a lexislación vixente, se adopten con carácter específico en cada centro ou posto de traballo.

3. Así mesmo, os traballadores municipais terán o deber de cooperar na prevención de riscos profesionais e o mantemento da máxima hixiene no traballo, cumprindo coas instruccións e ordes nesta materia.

Neste sentido, os traballadores estarán expresamente obrigados a:

a) Usar correctamente os medios de protección persoal e coida-lo seu perfecto estado de conservación.

b) Dar conta inmediata ó seu superior xerárquico das avarías e deficiencias que poidan supor riscos ou ocasionar perigo en calquera centro de traballo.

c) Coidar e mante-la hixiene persoal para evitar enfermidades contaxiosas ou molestias ós seus compañeiros.

d) Someterse a recoñecementos médicos periódicos nos termos previstos na lei.

e) Non consumir bebidas alcohólicas durante a xornada laboral e absterse de fumar en lugares onde puidera resultar molesto ós propios compañeiros ou

cidadáns, non presentarse ou permanecer no posto de traballo en estado de embriaguez ou de calquera outro tipo de intoxicación.

f) Cooperar na extinción de sinistro e no salvamento e auxilio de víctimas de accidentes de traballo nas condicións que, en cada caso, fosen racionalmente esixibles.

4. Todo traballador, no caso de risco inminente e logo de solicitar do seu inmediato superior os medios de protección e prevención de carácter preceptivo para a realización do seu traballo, poderá demora-la execución do mesmo ata que lle sexan facilitados os ditos medios. Neste punto, dará conta inmediata do feito ó alcalde-presidente, sen xuízo de poñelo en coñecemento da Inspección Provincial de Traballo.

5. Será de aplicación no Concello de Foz a Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, así como as súas normas regulamentarias e demais textos legais vixentes nesta materia.

Capítulo IX

Asistencia xurídica e dereitos sindicais

1. Asistencia xurídica.

Artigo 20º

O concelleiro garantirá a prestación de asistencia xurídica especializada a tódolos traballadores que a precisen por razón de conflictos con terceiros derivados da prestación do servicio.

Así mesmo, o concelleiro asumirá as posibles responsabilidades civís que poideran derivarse da prestación do servicio do cadro de persoal, excepto no uso de neglixencia debidamente probada.

Para estos efectos, o concelleiro subscribirá unha póliza que garanta unha cobertura adecuada por este concepto.

Artigo 21º

O concelleiro concertará unha póliza de seguro colectivo de accidentes para o cadro de persoal do concello, que cubra os riscos de morte e incapacidade laboral permanente. A este fin pedirá ofertas de orzamentos a varias entidades, con obxecto de establece-los importes concretos de indemnización, que deberán ser negociados pola comisión paritaria mixta.

2. Dereitos sindicais.

Artigo 22º

Tódolos traballadores do Concello de Foz teñen dereito a sindicarse libremente en defensa e promoción dos intereses profesionais, económicos e sociais que lles son propios como traballadores.

Artigo 23º.-Dos delegados de persoal.

O concello terá a obriga de facilitar canta información lle sexa solicitada en materia de persoal

polos delegados sindicais; así mesmo, estes últimos terán libre acceso ós expedientes que regulen materias de persoal, logo de solicitude por escrito ó alcalde.

Unha vez solicitada a información, o concello terá a obriga de facilitala nun tempo máximo dunha semana.

Artigo 24º

O concello comprométese a celebrar mesa de negociación, polo menos unha vez ó ano, logo de aprobación dos orzamentos anuais, convocando para isto os representantes do cadro de persoal e os sindicatos cunha antelación mínima dun mes.

Artigo 25º

Os representante dos laborais terán dereito a ter coñecemento previo dos expedintes que se refiran a materia de persoal e que vaian a ser sometidos a acordo da Comisión de Goberno ou do Pleno, así como das disposicións referentes a premios e sancións, réxime de prestación de servicios en xeral a cantas disposicións con transcendencia para a organización xeral en réxime de prestacións dos servicios do concello vaian adoptarse, debendo estar os ditos asuntos á disposición dos delegados de persoal con antelación suficiente. Todo iso referido exclusivamente a materias que afecten ó persoal.

Recibir información de cantos datos consideren oportunos e necesarios do orzamento ordinario, da memoria do concello e de tódolos documentos xerais sobre condicións de traballo do persoal.

Solicita-la negociación entre os órganos correspondentes da Corporación de cantos asuntos proceda en materia de persoal; réxime e condicións de traballo; réxime de asistencia, seguridade e previsión social no que sexa competencia da Corporación.

5916