Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 13 de xullo de 1998 Páx. 7.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 10 de xuño de 1998, aprobou a contratación mediante concurso para a execución das obras de urbanización da nova praza entre a rúa Armórica e a rúa Xoana de Castro; polo presente anuncio notifícase a licitación conforme as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución das obras do proxecto denominado urbanización da nova praza entre a rúa Armórica e a rúa Xoana de Castro, redactada polo arquitecto José Álvarez Ude de la Torre.

c) Lugar de execución: no lugar sinalado no apartado anterior.

d) Prazo de entrega (meses): tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 24.235.709 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 484.714 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo. Servicio de Contratación.

b) Domicilio: Quiroga Ballesteros, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Teléfonos: 982 29 71 43, 982 29 71 86.

e) Telefax: 982 29 71 03.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

b) Outros requisitos: os sinalados no proxecto e no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula oitava do prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación.

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2º Domicilio: praza Maior, 1.

3ª Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores coiden convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día hábil (agás sábado) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións. O dito prazo ampliarase ata o décimo primeiro día

no suposto de recibirse regulamentariamente aviso de presentación de proposicións por correo.

10. Outras informacións: as que se recollen no proxecto técnico. así como no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 16 de xuño de 1998.

José A. Mourelle Cillero

Vicesecretario habilitado

Visto e prace

Joaquín Mª García Díez

Alcalde

6607