Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 13 de xullo de 1998 Páx. 7.927

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 10 de xuño de 1998, aprobou a contratación mediante concurso para a adquisición dunha cámara de visión a través do fume para a localización de persoas e focos de incendio en interiores de edificacións; polo presente anuncio notifícase a licitación conforme as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a adquisición dunha cámara de visión a través do fume para a localización de persoas e focos de incendio en interiores de edificacións, segundo as características que se recollen nos pregos de condicións.

d) Prazo de entrega (meses): o prazo máximo de entrega será de 30 días naturais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 2.280.000 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 45.600 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo. Servicio de Contratación.

b) Domicilio: Quiroga Ballesteros, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Teléfonos: 982 29 71 43, 982 29 71 86.

e) Telefax: 982 29 71 03.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

b) Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula sétima do prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación.

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2º Domicilio: Praza Maior, 1.

3ª Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores coiden convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: na primeira reunión da xunta de compras que se celebre, con posterioridade ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 16 de xuño de 1998.

José A. Mourelle Cillero

Vicesecretario habilitado

Visto e prace

Joaquín Mª García Díez

Alcalde

5775