Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 13 de xullo de 1998 Páx. 7.925

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 20 de maio de 1998, aprobouse inicialmente o prego de condicións técnicas e económico-administrativas que rexerán o concurso para a realización dos servicios de asistencia técnica para a realización dun plan especial de actuación para a accesibilidade arquitectónica e urbanística.

Para tal efecto publícase o seguinte anuncio.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a realización dos servicios de asistencia técnica para a realización dun plan especial de actuación para a accesibilidade arquitectónica e urbanística.

d) Prazo de execución: o prazo máximo de duración do presente contrato remata o día 31 de decembro de 1998, debendo darlles comezo ós traballos no prazo máximo de 15 días a partir da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 9.000.000 de pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 180.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo. Servicio de Contratación.

b) Domicilio: Quiroga Ballesteros, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Teléfonos: 982 29 71 43, 982 29 71 86.

e) Telefax: 982 29 71 03.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

b) Outros requisitos: os que se sinalan nos pregos de condicións técnicas e económico-administrativas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ata o vixésimo sexto (26) día natural posterior ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

c) Lugar de presentación.

1ª Entidade: Concello de Lugo. Oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2º Domicilio: Praza Maior, 1.

3ª Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores coiden convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día hábil, excepto sábados, posterior ó prazo de finalización de proposicións. No suposto de recibirse regulamentariamente aviso de presentación de proposicións por correo, a apertura pospoñeríase ata a recepción delas e como máximo ata o décimo primeiro día hábil posterior ó do prazo de finalización de ofertas.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 26 de maio de 1998.

José A. Mourelle Cillero

Vicesecretario habilitado

Visto e prace

Joaquín Mª García Díez

Alcalde

6558