De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 30 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e a aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 0,399 km con orixe en la L.M.T.
ó C.T. Muradela (expediente 26.835) e final no C.T. proxectado Graña-Zapateira, cunha potencia de 100 kVA 15.000/380-220 V tipo intemperie e unha rede de baixa tensión de 0,009 km de lonxitude, con orixe no C.T. Graña-Zapateira, con conductor tipo R.Z. e apoios de formigón. (Expediente 184/1998).
Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Graña e Zapateira (termo municipal de Curtis).
En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria, poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e solicitar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2º andar, edificio administrativo Monelos, praza de Luís Seoane, s/n, 15071 A Coruña; así mesmo, poderán formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que
se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
A Coruña, 1 de xuño de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: 184/1998. Provincia: A Coruña.
L.M.T. a C.T. Graña-Zapateira.Termo municipal: Curtis.
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Solo Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº apoio m ml m
y 2
1 Agra Carballeira José Vázquez López Goya 7-4º I, 48920 Portugalete, Biscaia œ-1 1 36 576
2 Agra Labradío José Vázquez López Goya 7-4º I, 48920 Portugalete, Biscaia œ-1
3 110 1.100
4 Leira de Agra Prado José María Iglesias Vázquez Zapateira-Foxado 1, 15310 Curtis 14 88
6 Liñare Prado María Merelas Fernández Graña-Foxado 7, 15310 Curtis œ-3 1 45 450
8 Cochubilleira Prado Antonio Ares Picado Ramón Espiñeira 22-2º I, 15310 Curtis 24 296
5573