Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 13 de xullo de 1998 Páx. 7.904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 180/1998).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 30 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e a aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV cunha lonxitude de 0,322 km con orixe na L.M.T. Mera-Moeche (expediente 27415) e final no C.T. proxectado Tineo, cunha potencia de 50 kVA 20.000/380-220 V tipo intemperie e unha rede de

baixa tensión de 0,047 km de lonxitude, con orixe no C.T. Tineo, con conductor tipo R.Z. e apoios de formigón. (Expediente 180/1998).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Tineo (termo municipal de Valdoviñó).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria, poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e solicitar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2º andar, edificio administrativo Monelos, praza de Luís Seoane, s/n, 15071 A Coruña; así mesmo, poderán formular por escrito alegacións en

razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 1 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 180/1998. Provincia: A Coruña.

L.M.T. a C.T. Tineo.Termo municipal: Valdoviño.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2Campo da CubelaEucaliptalBenjamin Rodríguez BouzamayorLatoal, s/n, 15542 Valdoviño121321.408

3Campo da CubelaEucaliptalBasilia Villadóniga GarcíaVilela-Loira, s/n, 15542 ValdoviñoLat.172

8/1Campo da CubelaEucaliptalElisardo Vilela PérezO Pereiro, s/n, 15543 Vilaboa, ValdoviñoLat.26

10Campo da CubelaLabradíoHros. José Caneiro FonticovaLatoal, s/n, 15542 ValdoviñoC.T.613114

5571