Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 13 de xullo de 1998 Páx. 7.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/154-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Beiramar, parcela 4-Perillo.

Situación: Oleiros.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV baixo tubo e con conductor 2 R.H.V.-12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 125 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Los Álamos (expediente 31805) e remate no C.T. Beiramar que se vai instalar. Centro de transformación, en caseta prefabricada de formigón, de 630 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en parcela A-4 do PP-1 Beiramar. Oleiros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 1 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5553