Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 13 de xullo de 1998 Páx. 7.904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/156-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. rúa do Estanque, 21.

Situación: Cambre.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV, de 135 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 12/20 kV e 240 mm Al, que parte da L.M.T. nº 8 de S. Marcos tramo C.T. Luis Pimentel C.T. Costa da Tapia e remate no C.T. de 630 kVA que se instalará na rúa do Estanque nº 21. Concello de Cambre.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 1 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5552